acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Feijóo, o galego e nós
Chegou esta semana. É unha escolma de 68 artigos, de diferente autoría, publicados en distintos medios de comunicación entre xaneiro de 2009 e marzo de 2010.

O volume está coordinado por Xosé María Álvarez Cáccamo quen nos di na introdución Este libro e nós: "A crónica de autoría colectiva que este libro representa, obra de xente do campo cultural, ofrece a análise e a crítica das devanditas accións gobernamentais de esmagamento e derruba, presididas pola táctica da manipulación propagandística que asenta na pronuncia incesante de mentiras elementais.", "O suxeito pronominal que pecha o título ... nós non esgota o seu referente no colectivo de autores que dan corpo a este volume. Nós somos a multitude. Somos quen nun período de oito meses... enchemos as rúas e prazas de Compostela en tres sonadas e pacíficas ocasións para declarar a vontade de Galiza fronte á estratexia de destrución dos alicerces da nosa identidade que preside a acción de goberno de Núñez Feijoo."

Así pois, temos unha ferramenta máis para o debate, a defensa, para armarnos de razón.

Neste volume colectivo figuran os seguintes artigos da miña autoría: Empezaron e Como a terra.
Comentarios (0) - Categoría: artigos - Publicado o 14-05-2010 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática