acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Somos o que lemos
Somos o que lemos.

Dicimos que somos o que comemos. Que a nosa composición de vitaminas, colesterol, azucre, leucocitos, hematíes… corresponde co que nos alimenta día a día.

Iso para o músculo e o óso.

Mais tamén hai que alimentar as ideas, os soños, a imaxinación... e para iso están os libros.

Por iso deberíamos dicir que somos o que lemos, toda e cada unha das palabras que fomos depositando na memoria para ser esquecidas e que nos permitiron medrar na procura dun horizonte que fomos deseñando coa luz que nos chegaba a través de poemas e relatos.

Por iso eu sempre levo un libro, ou dous.

E estes días aínda ando descubrindo, a través de Colette Beaune, quen foi e como foi utilizada Jeanne D’Arc, ao tempo que comezo a abrir O reino das mulleres de Antón Chéjov. Sen contar todos os manuscritos que me agardan na sala, para que eu emita opinión no próximo certame literario.
Comentarios (2) - Categoría: A muller que le - Publicado o 23-04-2010 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Cando durme vosse?#blgtk08#.
Mimáaa!!.
Comentario por Hermaco (26-04-2010 20:14)
2 Sempre que podo, e canto máis vella, máis aínda, parece#blgtk08# mentira! O caso é que sempre ando con sono arrastrado.
Comentario por Acuática (26-04-2010 21:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática