acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Cea das letras 2010
Onte foi a Cea das Letras. Todos os anos a Asociación de Escritores (AELG) organiza este acto destinado a premiar os mellores libros do ano anterior en diferentes modalidades. Onte foron varios os premiados, desde o aplaudidísimo Agustín Fernández Paz, até Manuel Rivas que nos relatou, entre outras, unha anécdota dos seus primeiros tempos cando unha muller ao ser preguntada pola súa valoración da Lei do Aborto, respondeu: “Eu non son de aquí, que vin comprar uns zapatos”.

Unha das premiadas, en poesía, foi Luz Pozo, que onte á noite recibía o segundo premio por Deter o día cunha flor, xa que horas antes recibira o Premio da Crítica. Se debese quedar cunha soa parte da entrega de premios de onte, quedo coas súas palabras emotivas e atinadísimas. Luz Pozo expresou relatándonos os dous soños que onte tivera, coa súa nai e con Eduardo Moreiras, canto amor temos pola nosa terra e polo noso idioma.

O idioma estivo moi presente, como non podía ser doutro xeito. O noso presidente, Cesáreo Sánchez, falou do compromiso das escritoras e os escritores coa lingua e da nosa entrega inequívoca e definitiva ao seu engrandecemento e defensa.

Mais había un momento da noite especialmente emotivo para min. A homenaxe ás diferentes directivas que desde o ano 80 levaron adiante os traballos da AELG, pois son xa 30 anos. Os e as secretarias xerais, vicepresidentes e vicepresidentas e os presidentes (a familia de Avilés e de Uxío nos seus casos) representáronnos alí, e un emocionado Bernardino Graña falou en nome de todos, lembrando aqueles primeiros anos.

Farteime de aplaudir, porque era a maneira que eu tiña de expresar a miña emoción. Con case todos eles compartín ilusións e horas baixas, porque aínda era presidente Uxío Novoneyra cando eu entrei na Directiva da AELG, o que debeu ser incluso antes de 1998, aínda que xa non o lembro. O certo é que a AELG é xa unha parte importante da miña vida, por iso e porque é a casa que a todos nos acolle, deséxolle longa vida, longa e fructífera vida.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-04-2010 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Grazas polos parabéns, Acuática. :)

Non puideches comentar onde querías, porque eliminei alí a posibilidade de comentarios á espera e na confianza de que me viñesen luces para dar as grazas polo premio com#blgtk08#o non souben no momento.
Nesas ando agora, aínda que máis ca luces o que me sae, para non variar, é un lusco-fusco.

Son de asimilación lenta e efecto retardado pero garantido.

Apertas
Comentario por Sun Iou Miou (19-04-2010 08:28)
2 Non te preocupes, entendimos que estabas ben emocionada. O de que es de ef#blgtk08#ecto garantido quedou claro. Agardo que sigas garantíndonos eses efectos.
Comentario por Acuática (20-04-2010 17:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática