acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Viaxe ao Val de Xálima (II)
Xulián ten unha tenda de produtos estremeños. Está mesmo por detrás da igrexa parroquial de Sa Martín de Tours. Cando baixabamos cara a ela chamounos a entrar coa súa exposición exterior, onde as lousas anunciaban os distintos produtos. E entramos.

Non déramos catro pasos, case nin faláramos entre nós, cando Xulián, erguéndose do seu tallo tras o mostrador, preguntounos: Sodes galegos? Entón iniciouse a pequena conversa na que recollemos saúdos para Henrique Costas e Vázquez Pintor, na que soubemos dos intercambios con Moaña e Viana do Bolo, onde vimos o mapa de Galiza nun lugar de relevo con varios puntos sinalados, e onde falamos moi superficialmente das dificultades que tamén ten “a fala”. Fomos a iso, a encontrarnos coa nosa lingua nun lugar insospeitado e resoou nos nosos oídos ese galego oriental que une as terras que a Administración española separou.

Na viaxe cara ao Xálima, iamos lendo sobre os debates que “a fala” ten suscitado. Cando chamamos a Galiza, contáronnos que mentres nós pisabamos aquelas terras alguén anunciaba novos estudos que desbotaban as orixes galegas da fala e explicaban que este xeito procedía de seren poboacións limítrofes con Portugal. Non é iso o que se sente nos pobos occidentais da Serra de Gata, non é portugués o que se escoita, e iso que só hai 25 quilómetros a Penamacor, o primeiro pobo portugués ao cruzar a fronteira.

Mais a conclusión é sempre a mesma, os prexuízos contra o galego que, alí, se converten en rexeitamento das orixes da fala. Xa nolo dixo Xulián, hai a quen non lle gusta que os galegos cheguemos alí usando a nosa lingua, nun claro aceno de que recoñecemos a súa fala como un dialecto arcaico da nosa. En “Fala i cultura” teñen claras as orixes galegas e están a loitar polo recoñecemento da súa fala, levándoa mesmo aos centros do ensino a través do proxecto “A Fala ena Escuela”

Seguirá habendo debate sobre as orixes da “Fala”, mentres, haberá que loitar pola súa supervivencia, como ben di Domingo Frade no seu artigo en "La crónica de Sierra de Gata”: “Nosa fala, ripitimus, é un luju en sí, nun una joyita do axinal en festas, propias de folklore i vitrinas. Emisión e recepción mais facil ao comunicalnus con 400 ó 300 millons dos falantis de castellanu i portugués i mais ainda otrus.”
Comentarios (2) - Categoría: Viaxe ao Val de Xálima - Publicado o 10-04-2010 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Nos estivemos ali fai dous anos, e nos contaban que non solo a fala o clima tiña que ver co noso pola entrada dos ventos atlánticos desde Portugal.
É certo que tanto miña familia como a d#blgtk08#os meus amigos falamos en castelan, polo que non podo opinar si hai rexeitamento a considerar ambos códigos como a misma lingua.
Espero que , a máis da paisaxe, disfrutaras dos embutidos.
Comentario por Loli (11-04-2010 19:39)
2 Dos embutidos, do queixo, dos patés de aceitunas, ... mais moi especialmente da natureza: voitres, águias, mil#blgtk08#anos, cernícalos, cegoñas, andoriñas, etc., etc. Boa terra, outro día falarei do clima, en Robledillo de Gata.
Comentario por Acuática (11-04-2010 19:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática