acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Auga

Estou empapada
pero non puiden deixar de mollar os pés
para arrincar da terra o seu froito branco,
aínda que a auga da chuvia subía polos pés
e facía dos cabelos cóbregas de auga doce.
Ese breve momento
en que me fago auga e devoro os froitos vivos
pode ser a felicidade de amarvos
e percorrer distancias infinitas para darvos calor.
Non me importan este pés mollados
nin a terra nas mans,
nin degolar as follas que lle deron vida a este tubérculo,
impórtanme eses ollos en que bebo o silencio
co que parar o mundo neste instante
e sentarme no chan sen palabras que o expliquen.


Pel de ameixa
Comentarios (2) - Categoría: textos editados - Publicado o 22-03-2010 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Maravi#blgtk08#lloso!
Comentario por ekis1331 (23-03-2010 16:36)
2 Grazas. Non paraba de chover, m#blgtk08#ais iso era o menos importante.
Comentario por Acuática (23-03-2010 17:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática