acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Bacteria linguae
Leo na xanela de Náufrago que a nosa lingua ás veces contáxiase coma un virus. Si, aínda que eu diría que se transmite como unha bacteria, un deses organismos microscópicos necesarios para a vida, que nos axudan a sintetizar vitaminas e proteínas, entre outros elementos vitais.

O caso é que eu xa o teño comprobado. Na miña casa repartimos bacterias destas, bacterias linguae. Así, hai tempo xa, que os amigos adolescentes do meu fillo diríxense a nós en galego, sen dubidalo, non teñen ningún tipo de problema por empregalo con nós, mesmo cando non é a súa lingua habitual.

E non é a única ocasión. O que no Plan Xeral de Normalización de 2004 se chama "oferta posivita" ten efectos multiplicadores. De feito, hai persoas que, ao dirixirse a min, fano en galego, por ser esta a lingua que eu falo.

Onte mesmo, non tiven nin que falar. Foi curioso, gratificante mesmo. Entrei no vestiario da piscina e unha moza que estaba co seu fillo reparou na miña presenza, pareceume, por como me miraba, que debía coñecerme, e a partir dese momento comezou falar en galego co seu fillo. Estou certa completamente, pois no momento de eu entrar falaba con el en español. En que lingua fala co seu neno habitualmente? Non o sei, mais seguro que a nosa lingua ocupa algún lugar na súa relación de amor.
Comentarios (7) - Categoría: Cousas da lingua - Publicado o 22-03-2010 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Encántame iso de #blgtk08#bacteria linguae.
Comentario por náufrago (22-03-2010 20:41)
2 Iso pásanos acotío ós que temos o galego como lingua vehicular en tódolos espazos, e máis cando para eles estás nun e#blgtk08#status social de prestixio: ensino, mediciña, etc. Un dos problemas que eu vexo é que non somos moitos os referentes
Comentario por Nito (22-03-2010 21:08)
3 Grazas Náufrago.
Ánimo Nito, que a nós nos toca sermos#blgtk08# referentes e crear aínda máis. Temos un importante cometido.
Comentario por Acuática (23-03-2010 17:25)
4 Sería fantástico poder encapsular lingüas e administralas en graxeas... aseguraríase-la súa supervivenza... polo #blgtk08#de agora o más aproximado a iste feito son as pílulas de poesía, efémeras cápsulas de tempo, espazo e.. lingüa.
Comentario por ekis1331 (24-03-2010 06:50)
5 Estou completame#blgtk08#nte de acordo.
Comentario por Acuática (24-03-2010 09:14)
6 Cando dixeches "bacteria linguae" pensei que ías falar das interferencias, que tamén podía ser. O caso é que se foi así como contas é para estarmos orgullosas. O feito de que a nosa fala de cotío se convirta momentaneamente e#blgtk08#n fala de persoas castelán falantes é unha grande safisfacción: algo estamos a facer ben...
Con toda a miña modestia, a min tamén me pasa iso e faime sentir moi ben.
Parabéns pola túa fala vizosa e contaxiosa.
Comentario por Eva G. Rei (04-04-2010 02:23)
7 Grazas a ti Eva e a#blgtk08# seguir contaxiando
Comentario por Acuática (10-04-2010 18:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática