acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

bosques de poesía
Dóeme a terra
porque a levo dentro.
No oco dos osos teño terra negra
e landras de carballo.
Dóeme a terra da alma,
as vísceras, os cogumelos dos ollos
nos outonos perennes,
cando son lebre amedrentada.
A terra da carne dóeme
e as árbores que levo nas entrañas.


Poema do libro Pel de ameixa.

21 de marzo
Día da poesía
Día da árbore




Comentarios (2) - Categoría: textos editados - Publicado o 21-03-2010 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Fermoso poema e moi acaído para ese día.<#blgtk08#br /> Parabéns e grazas por mostrárnolo.
Comentario por Eva G. Rei (22-03-2010 11:39)
2 Moitas gr#blgtk08#azas Eva.
Comentario por Acuática (22-03-2010 16:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática