acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Unha muller afastada
Como nunha especie de celebración íntima, hoxe comezo ler un libro que procurei durante horas empurrada por unha necesidade súbita.

En París, quedei prendada do mural do Panteón en que se reproduce a historia de Xoana de Arco. Entón, volvín ter esa sensación de misterio que acendeu a curiosidade por coñecer algo máis desta muller afastada. Así que, cando unha tarde decidimos entrar na libreria Gilbert Jeune, na praza de Saint Michel, e despois de demorarme na contemplación das mesas e facerme case co último exemplar de En attandent Godot, decidinme a desenferruxar o meu mal francés para interesarme por unha biografía daquela moza.

Así foi como viaxou canda min este Xoana de Arco, verdades e lendas, da medievalista Colette Beaune, quen recibiu o “premio do Senado ao mellor libro” por outra biografía desta personaxe. O libro, claramente divulgativo, leva unha desas faixas vermellas que aclara: “para rematar cos que contan calquera cousa”. A contracapa presenta: “Xoana, a pequena pastora de Domrémy ... unha puta considerada unha bruxa... filla secreta do rei, que non morreu na fogueira en Rouen en 1431... A medievalista Colette Beaune encolerízase! Pódese deixar todo escrito baixo o pretexto de que a “gran” historia é, ás veces, complexa, ou moi pouco “folclórica”? ...”

Coma quen inicia unha viaxe agardada durante tempo, coa ilusión de moito por descubrir, abro o libro e comezo ler: “Non hai na orixe desta obra unha necesidade científica propiamente dita. Non me propoño revelar sobre Xoana de Arco verdades agochadas, non fago a contra-enquisa. Este libro é o froito dunha experiencia persoal...”

Hai algo máis que historia neste texto, hai a vontade de demostrar a verdade sobre unha muller que a historia oficial, outra vez, deformou e ocultou.
Comentarios (2) - Categoría: A muller que le - Publicado o 08-03-2010 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Os poderosos escreben a historia a súa medida e o noso labor é estudala dun xeito obxectivo para poder ofrecérmola tal e co#blgtk08#mo foi, ou ao menos, seno filtro do poder.
Agardo poida extraer desa obra unha visión da persoaxe menos tendenciosa.
Comentario por Hermaco (12-03-2010 15:00)
2 A obra comeza precisamente pola reflexión sobre a manipulación interesada, hoxe nos medios de comunicación e onte entre os que escri#blgtk08#biron a historia. E iso interésame , ler como se manipulou durante séculos a historia dunha muller. Porque precisamos de antídotos.
Comentario por Acuática (13-03-2010 17:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática