acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Cousas da lingua
foto Marta DacostaAula de 4º da Eso. Dous adolescentes, 15 e 16 anos, están preparando un traballo. O máis novo comeza facer o esquema. O outro dille:
- Hazlo en castellano, eh!
O máis novo quédase quieto. Pensa un segundo, borra o que está facendo e responde:
- Pois faino ti!

A conversa rematou aí. Intencionadamente. Son amigos. O máis novo non quixo enlearse co seu colega nunha discusión que adiviñou agre e perdida de antemán.

Está fartándose. Leva quince anos acumulando preguntas.

Hora do xantar.
- Quen está impoñendo o que?

(unha persoa moi importante pediume que recollese este feito real na miña xanela. Fágoo e aproveito para inaugurar unha nova categoría: cousas da lingua. Aquí deixarei esas anécdotas preciosas...)
Comentarios (2) - Categoría: Cousas da lingua - Publicado o 19-02-2010 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Un compañeiro de traballo de haimuitos anos díxome: Oye,a ti t#blgtk08#e gusta el gallego, eh ?.E eu respondín: Prefiro unha galega.
Comentario por paideleo (21-02-2010 22:42)
2 Si, sempre nos caen as mesmas pre#blgtk08#guntiñas e as mesmas imposicións.
Comentario por Acuática (22-02-2010 19:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática