acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Lectura da obra de Anisia Miranda
En nome da AELG quero, en primeiro lugar, felicitar á organización do Salón do Libro de Pontevedra por ter organizado este acto de recoñecemento a Anisia Miranda. Homenaxear a Anisia Miranda é dar as grazas a todas aquelas e aqueles escritores que asumiron a reivindicación de Galiza e, co seu contributo, axudaron a agrandar a casa das nosas letras. É tamén homenaxear ás escritoras e aos escritores que asumiron para si a difícil tarefa de achegar os pequenos e as pequenas inoculándolles a paixón da lectura que, entre nós, tamén é o amor polo noso idioma.

Con estas palabras iniciei a miña intervención o pasado martes día 9 en Pontevedra, no acto de lectura colectiva da obra de Anisia Miranda. Eu lin o inicio da lenda “A fidelidade de Penélope” do seu libro Mitos e lendas da vella Grecia, como dixen un libro para ler, reler, sobar, subliñar, aprender...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-02-2010 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática