acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

O monxe espido
Rematei de ler “O monxe espido” unha compilación de 100 haikus de Taneda Santôka.
Cando non se ten hábito de ler haikus poden resultar non sorprendentes, confusos. Por iso, tras unha aproximación inicial moi interesante, pareime un momento a ler o apaixonante folleto de Chantal Maillard “Ouriñar na neve” en que a poeta se achega á poesía xaponesa e á de Santôka en particular. Entón retomei a lectura, nun momento dado prescindín das introducións que a cada tema fai José Manuel Martín Portales e detívenme todo canto puiden en cada poema, para saborear a súa extensión.
Mais non coñecermos a lingua en que estes poemas foron escritos orixinalmente prívanos dun dos praceres maiores dos propios haikus: a súa métrica, esa composición equilibrada e brevísima que de certo ten unha sonoridade que nin podemos imaxinar.
Sinalei moitos haikus deste vagabundo fracasado e gustei especialmente dos referidos á morte e á vellez, ou sexa os que fan referencia ao paso do tempo:

Envelleceu
até o son
das gotas da chuvia

Rodeado por arbustos de té
levando unha existencia
anónima

Xa dixen que me resultou particularmente interesante o folleto de Chantal Maillard que acompaña o libro, nel fala do haiku: “Tense dito do haiku que é como unha pedra lanzada no estanque do espírito que escoita” isto produciría unha suxerencia poética que semella “as ondas que se propagan concentricamente na superficie cando a pedra cae no estanque...”. Fala do poder evocador da palabra e de como o poema pode expresar algo universal, precisamente porque atende ao singular: “Se o poema transmite algo universal é porque o poder da palabra poética consiste en que o ... lector ... poida recoñecer, recuperar e saborear unha vivencia afastada no tempo e no espazo.” Así é, sen dúbida.
Comentarios (2) - Categoría: libros - Publicado o 05-01-2010 20:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Moi interesante artigo e as referencias... o a#blgtk08#rte do haiku é verdadeiramente sublime, certo
Comentario por ekis1331 (10-01-2010 16:57)
2 Penso que si, que se trata dunha obra interesante, especialme#blgtk08#nte nesta edición que conta coa achega de Chantal Maillard.
Comentario por Acuática (10-01-2010 18:58)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática