acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Palabras urxentes para Aminetou Haidar
Ás veces sinto que non podo expresar o que sinto, coma se non atopase o lugar ou o modo, ou, mellor, coma se o tempo me levase por diante sen que eu poida estar en todos os lugares e de todos os xeitos que querería estar, que debería estar. Non o consigo. Así que hai unha certa frustración a ocuparme o estómago, unha insatisfacción que acaba por me nubrar o discernimento.

Entón acóllome á palabra. Tento coutar a miña raiba e respostar á miña culpa con versos.

Sei que non é suficiente, mais o meu brazo non chega máis lonxe. Non dou berrado máis alto.

Comentarios (6) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 16-12-2009 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Se ben a causa saharahui aínda segue sen solucionar, afortunadamente ela está xa na casa.

Compart#blgtk08#o cada palabra que di Ac.

Menos mal que non pode expresar o que sinte!!, que faremos os mortais.
Comentario por Hermaco (18-12-2009 09:16)
2 Mui fermoso. Parabens, Marta!
Vou por o teu poema no#blgtk08# blog da biblioteca. Gracias por poñer voz aos sentimentos
Comentario por Loli (18-12-2009 10:20)
3 Co teu permiso levo este poema á miña nasa. E grazas por berrar por nós e tamén por permitirnos berrar contigo e levar o no#blgtk08#so brazo canda o teu... neste día no que Aminatou xa está na súa casa e no que temos que seguir loitando por tantas causas.
Comentario por Nasa (18-12-2009 20:13)
4 Grazas aos tres. Cando a urxencia me leva a pór un texto á luz sen repousar sequera son moitas as dúbidas de que as palabras estean expresando#blgtk08# como deben todo o que levamos dentro.

E creo que si, que cómpre seguir erguendo a voz, porque aínda está case todo por facer.
Comentario por Acuática (19-12-2009 08:41)
5 grazas, por describir tan ben, por expresar tan ben. por facer tan d#blgtk08#oada a identificación nas tuas palabras.

unha aperta.
Comentario por diana (22-12-2009 18:40)
6 De nada Diana, que pas#blgtk08#es unhas boas festas.
Comentario por Acuática (23-12-2009 10:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0