acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Día para a erradicación da violencia
De wikipediaHoxe participei no acto que o BNG celebrou con motivo do próximo 25 de novembro, baixo o lema máis sensibilización, máis medios, máis recursos.
Como tantas outras veces que son convocada para ler un texto sobre a violencia contra as mulleres, tiven moitas dúbidas. Díxeno alí, non me resulta doado falar do tema, por iso mesmo quizais, só escribín até agora unha ducia de poemas, se chega a ela, que fale do tema. Díxeno: “Non é doado falar deste pesadelo, por iso elixín a personaxe e busquei o camiño da metáfora e a alegoría.”
Forma parte dun artigo, e hoxe lembrei de novo que hai anos que adoptei a decisión poética de resucitar a Ofelia, personaxe literaria que representa a muller maltratada, vítima dese maltrato sutil que é o maltrato psicolóxico, que fixo que unha nena namorada tolease e, tal vez querendo, se tirase a vida.
Shakespeare dános a imaxe dunha nena inocente que se namora dun individuo torturado que, á súa vez, convértese en torturador da rapaza ao facela culpábel dun comportamento que el rexeita e que ela non ten, mais que el lle supón polo simple feito de ser muller. Hamlet odia ás mulleres, é un individuo misóxino que culpabiliza a unha nena, que a presiona e a interroga, que a considera futura culpábel de comportamentos que el acha criminais, e aínda di que a ama.
Millais retratou perfectamente as consecuencias deste maltrato, unha imaxe dunha muller definitivamente quieta, muda, fermosa, tal vez a imaxe que o machismo quixo ter sempre das mulleres, obxectos inanimados que un pode manexar e gozar deles ao seu antollo. E o peor, que moitas veces as vítimas tamén pensan que eran, que son, amadas.
Tamén dixen que houbo un crime que me impresionou fortemente, o dunha muller violada, asasinada e borrada, literalmente. Quen atentou contra dela non só buscou satisfacer o seu comportamento criminal, senón que mesmo tentou borrar a identidade da muller, facela desaparecer queimando o seu corpo e eliminando as súas pegadas dactilares, e isto pareceume unha crueldade maior, unha crueldade sobre outra, unha infamia parella da exercida desde o fascismo contra os pobos e as persoas exterminadas. Os opresores, os asasinos, eran donos da súa vida e da súa morte, prolongaban o seu sufrimento, decidían de que forma horríbel habían morrer e borraban para sempre a súa existencia, no fondo do mar ou nun horrendo listado de números sen nome.

Mentres, sigo empeñada en resucitar a Ofelia, por iso hoxe abro con esta pintura da inglesa Henrietta Rae, pintora nacida en London en 1859 e que faleceu en 1928. Acabo de descubrila e leo que o seu estudo foi visitado por outros pintores que tamén retrataron a Ofelia, como Millais, e que foi unha das defensoras do sufraxio feminino na Inglaterra do seu tempo.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-11-2009 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Teño debilidade polos microrrelatos de Anxo Olgoso, hoxe colguei este no Blog da Biblioteca, con enormes dúbidas da súa oportunidade neste espazo académico.Caballeros de los puentes
El lunes pagué a una prostituta para que pisoteara en mi presencia dos docenas de ostras abiertas con sus zapatos de tacón alto, que lamí a continuación.
El martes pagué a otra, casi una niña, para que me masturbara con estiércol fresco de caballo entre los dedos.
El miércoles alquilé a una nueva para que me vistiera y maquillara de mujer mientras yo enjabonaba y rasuraba el rostro de la joven.
El jueves prometí una elevada cantidad a dos prostitutas para que me siguieran por los callejones con el fin de defecar luego e#blgtk08#n sus bocas.
El viernes cloroformicé a una prostituta entrada en años y le coloqué sanguijuelas en la vagina hasta que éstas se saciaron.
El sábado me negué a pagar a la prostituta alquilada tras azotarla con varillas extraídas de un paraguas, aduciendo el desagrado que me produjeron sus inoportunos gritos.
El domingo dormí casi todo el día, besé a mi esposa, a mis hijas, a las doncellas de mi esposa y a la institutriz de mis hijas, paseé durante una hora por el parque con el confesor de la familia y cené después opíparamente en Casa Beristain, en compañía de los demás magistrados. Todos bebimos vino de peptona, el mejor confortativo de los debilitados, restablecedor de las fuerzas y del apetito.
Comentario por Loli (22-11-2009 17:24)
2 Certo que é un relato extremo, mais pon #blgtk08#en evidencia a sociedade en que vivimos.
Comentario por Acuática (22-11-2009 21:24)
3 E o setimo #blgtk08#descansou.
Comentario por Clara (23-11-2009 09:02)
4 Descansou para l#blgtk08#le seguir dando.
Comentario por Acuática (23-11-2009 14:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática