acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Agradecida
Estes días tiven dúas novas sorprendentes e afagadoras.

O domingo encontrei no meu correo unha carta do Patronato da cultura galega en Montevideo. A súa presidenta, Mª Carme Fernández, e a súa secretaria, Ana Mª Lorenzo, comunicábanme que ?a Xunta Directiva en pleno acordou dedicarlle a vostede o Día da Poesía Galega 2009, na súa 17ª edición, en recoñecemento a súa salientable obra.? Naturalmente, quedei pampa, e volvín comezar a carta. Souben así que este Padroado vén realizando esta actividade desde hai varios anos e que contan cun Obradoiro de Declamación, dirixido por Maribel Calderón, que lle fai propostas á Xunta Directiva e organiza a actividade. Daquela, o 11 de decembro, a miles de quilómetros, alguén lerá poemas meus. En canto puiden respondín para lles agradecer o recoñecemento e, ademais de dicirlles que daría conta do feito nesta miña xanela, trasladarlles que ese mesmo día colocarei aquí un poema inédito, como xeito de participación no recital que se realizará horas máis tarde.

E o martes, estando no IES de Fontiñas, alguén me chamou a atención sobre os nomes das aulas do centro, pois todas elas teñen o nome dunha escritora galega, correspondéndome neste caso a aula 221, creo. E volvín sorprenderme, claro.

Así que estou agradecida, agradecida aos que tan lonxe de nós seguen traballando pola lingua de noso e por manter vivo o contacto co país de que un día saíron eles mesmos, ou os seus antepasados, e agradecida a quen procura visibilizar aos escritores e ás escritoras galegas entre os máis novos, procurando que se sigan sentindo identificados coa cultura que os viu nacer.

Desde aquí unha grande aperta.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2009 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Merecidísimos recoñe#blgtk08#cementos! Parabéns!
Comentario por Carlos (12-11-2009 19:14)
2 Moitísimas gr#blgtk08#azas Carlos.
Comentario por Acuática (12-11-2009 23:04)
3 Parabéns. O merecido recoñecemento tamén me emociona,#blgtk08# e penso que así a nosa lingua nunca vai esmorecer.
Comentario por Eva G. Rei (13-11-2009 08:36)
4 Moitas grazas Eva. Entre todas e todos manteremos vivo o que máis queremos, desde a Eira#blgtk08# de Baleixe, e desde todos os lugares físicos ou fantásticos que consideremos oportuno.
Comentario por Acuática (13-11-2009 15:53)
5 Noraboa. Estes merecidos recoñecementos recoñecen así mesmo o noso idioma e a nosa cul#blgtk08#tura, e, agardo que lle den ánimos para continuar. A poesía chega máis lonxe cas naos.
Comentario por Hermaco (15-11-2009 09:43)
6 Grazas Hermaco. Certamente unha das cuestións principais é o recoñecemento á nosa lingua e á nosa cultura.#blgtk08#
E si, sempre dá un certo ánimo para seguir este camiño, que ás veces é tan difícil de transitar.
Comentario por Acuática (15-11-2009 11:05)
7 Parabens e a pola rua. So#blgtk08#a revolucionario e todo.
Comentario por Loli (18-11-2009 10:38)
8 Si, si, mais a revolución, ou, mellor, a transformación que pe#blgtk08#rseguimos ten que estar alumeando sempre.
Grazas Loli.
Comentario por Acuática (19-11-2009 14:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0