acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Morte
Se hai unha época do ano en que a reflexión sobre a morte se faga máis presente, esa é os primeiros días de novembro. O día de defuntos entregámonos ao acto social da lembranza, visitamos mortos e vivos, reunímonos co pasado nesa breve visita protocolaria aos cemiterios aos que a nosa familia se trasladou para sempre. Rito e rutina, tradición que se remonta á memoria máis escura e que foi habilmente absorbida polo catolicismo, unha vez máis, para converter en beneficio propio os costumes que non puideron erradicar, e aínda así seguimos poñendo as cabazas nos cruces dos camiños e nas ventás. O día de defuntos permítenos pensar e falar da morte sen o pánico xenético á maior certeza das nosas vidas. É un xeito de reconciliación coa nosa realidade biolóxica. Mais o medo á morte aínda envolve a nosa vida enteira creando unha linguaxe propia, facendo nacer símbolos e tópicos que medran na literatura de todos os tempos, como ese río que transita en Confucio, Jorge Manrique ou Mao Zedong. A morte vista con todas as súas caras, a liberadora no clamor de Ramón Sampedro, a pesada lousa de soidade nos versos de Rosalía Castro, o fanatismo incomprensíbel das personaxes de Mishima. O medo á morte converteunos en escravos dunha relixiosidade que nega a nosa capacidade de decisión e presenta a morte como premio, prometendo a vida eterna ou un paraíso alcanzábel. Porén as cantigas populares aínda nos ofrecen outro xeito de esconxurar o medo, como a vontade de non nos deixar vencer, tal como di a cantiga açoriana: “a morte a min non me mata, firme e constante son eu. A morte a min non me mata, quen mata a morte son eu”.

Este artigo publicouse en A Nosa Terra e ten a súa fonte de inspiración nesta fermosísima canción dos Açores que non podo deixar de escoitar desde a última semana de outubro:

Comentarios (2) - Categoría: artigos - Publicado o 06-11-2009 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Para min , ten moito de liberadora. Nestes momentos que a v#blgtk08#exo ao caron, paréceme mesmo un privilexio.
Bikos
Comentario por Loli (07-11-2009 20:08)
2 Esa é unha das súas facianas. Lémbroa cando, #blgtk08#hai xa cinco anos, o meu avó puido descansar.
Comentario por Acuática (09-11-2009 15:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática