acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

E ateigamos Compostela
Claro que si. Estiven até pasadas as 13 horas na Alameda, e cheguei ás 11:30!! Até que demos saído!
Total que non entrei na Quintana até a segunda quenda. Aí estamos, Bernardino saíndo e Mercedes e máis eu entrando. Ás 15 horas aínda estabamos alí, escoitando a Pousa Antelo, cantando o himno.

Pois está ben claro que queremos o noso idioma, que non digan que non o vén.

E agora a acción conxunta de Blogues pola Lingua:

O domingo 18 de outubro enter 50.000(cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.

Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna "Televisión, manipulación", o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza.

Fronte a esa situación é preciso denunciar e difundir publicamente o acontecido, ao tempo que esixir que os medios de comunicación que pagamos todas e todos os galegos, deixen de ser un instrumento para a deformación interesada, cando non para a propaganda, en beneficio do Partido Popular no goberno do país.
Comentarios (4) - Categoría: artigos - Publicado o 19-10-2009 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Impresionate manifestación. Por fin o pobo unido, xu#blgtk08#ntos os corazóns nun inmenso puño. Queremos galego.
Comentario por Ramón Nogueira (20-10-2009 23:17)
2 Moito, moito galeg#blgtk08#o! E que nos oian!
Comentario por Acuática (20-10-2009 23:51)
3 Eu marchei xantar ás dúas e media ( tiña reservada mesa )e aínda entraba xente#blgtk08# na Quintana.
Grazas á interrede puiden ver as intervencións no palco.
Comentario por paideleo (22-10-2009 12:15)
4 Eu aburrinme de estar na alameda, para a vindeira saio #blgtk08#diante!. Don Avelino un campión, don Bernardino outro!.
Comentario por Hermaco (22-10-2009 16:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática