acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

fillos de guerras acabadas

Un poema de sangue non se fai nun minuto,
coma guerra que estoupa, enxéndrase nos anos,
cada dorido golpe arrinca do granito
das nosas mans as liñas que denuncian palabras.

Cada palabra un golpe e cada letra sangue,
cada paso na frente un século de ira,
cada morte de home, esperanza prometida
con base no vento que lle levou a fala.

E estes os alicerces da débil poesía;
estes os cimentos en que non construímos nada;
para que estas vigas de pesados cadáveres,
para que ser fillos de guerras acabadas.

de Crear o mar en Compostela
Comentarios (2) - Categoría: textos editados - Publicado o 12-10-2009 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Ademais de fillos de guerras acabadas somos tamén fillos de eternos perdedores, Ac?.

Son dos que non creo no destino, mais se o houber, ese s#blgtk08#ería o noso?, o de fracasados?.

Ou iso é o que nos fan crer para que non loitemos?, para que vivamos sumisos a nosa propia compaixón?.
Comentario por Hermaco (14-10-2009 14:27)
2 O noso destino non é o fracaso, aínda que si haxa quen estea empeñado e nolo face#blgtk08#r crer. Máis nós tamén somos teimudos e non nos deixamos convencer por calquera.
Comentario por (16-10-2009 19:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática