acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Bebendo ao luar

Bebendo ao luar

Entre as flores, un xerro de viño,
bebo só, sen ningunha compaña.
Levanto o vaso e convido o luar,
coa miña sombra, somos tres persoas.
Mais a lúa non é quen de beber,
e a miña sombra só sabe seguirme.
Compañeiras breves, lúa e sombra,
gozade mentres sexa Primavera.
Eu canto, a lúa pasea.
Eu bailo, a sombra algarea.
Se lúcido, gozamos xuntos,
se bébedo, cada cal polo seu lado.
Eternas amigas miñas insensíbeis
agárdovos na Vía Láctea.

Poema de Li Bai.

Despois de ler a tradución que deste poema publica Anne-Hélène Suárez Girard no libro A punto de partir, procurei o mesmo texto en portugués e acheino da man de António Graça de Abreu, no seu libro Poemas de Li Bai, publicado en 1990. Coas dúas traducións na man construín a miña propia versión deste poema en galego.

Agardo que vos guste, para min é un poema fermosísimo.
Comentarios (0) - Categoría: libros - Publicado o 23-10-2009 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática