acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

incómoda
Pregunta: Literatura andante: Cal é o mellor dos teus libros polo cal tiveches o sentimento de "cruficicada", de silenciada...?

Resposta: A ver, non teño sensación nin de crucificada nin de maltratada, non padezo de malditismo, creo. Aínda así sei ben que non son nin como autora, nin como persoa "cómoda". En todo caso si penso que como poeta estou bastante encadrada, e aínda que a miña poesía procura ser cívica e está escrita en feminino, considero que non son eses os seus únicos valores, mesmo non sei se son os seus valores maioritarios.

Esta resposta forma parte da entrevista publicada en Galicia Hoxe o pasado luns día 24 de agosto.

Faltaría engadir, medio en broma, aínda que moi en serio, que a realidade é que debo estar en varias listas negras...

Por certo, a foto é de Tokio e está tomada este verán ante un muíño de vento en Atouguia da Baleia, Peniche.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2009 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Teño por aí un cartaz que di" Pensar é gratis". Unha mensaxe bonita pero na que non#blgtk08# creo, polo que non son quen de usalo con ningún texto.
Boa entrevista Marta
Comentario por Loli (02-09-2009 14:46)
2 Grazas Loli. E si, pode ser que pensar non sexa gatis, aínda que o pareza#blgtk08#. Cando un pensa leva moito camiño gastado, e o que lle queda por gastar!
Comentario por Acuática (02-09-2009 18:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática