acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

A emoción de Mankiewicz
Foi nunha noite de hai anos, nun daqueles ciclos de La 2 dedicados a grandes mestres do cine, cando fun consciente de que adoraba a filmografía de Mankiewicz. Durante algún tempo pensei que Suddenly, Last Summer era a película que coñecía do director e a que máis me gustaba. Co tempo souben de Cleopatra, Julius Caesar ou Sleuth, películas que xa vira e que me gustaran moito sen saber que eran do director que eu xa asumira como o meu predilecto. Mais faltaba o mellor.

Inexplicabelmente hai unha imaxe instalada na miña memoria. Creo que tería catro anos, cinco como moito, daquela estamos en 1970 ou 71, e desde entón teño gravada a escena desa película. Sei que fora cos meus pais ao cine, a un cine "de barrio", por non dicir de parroquia ou rural, era o desaparecido cine de Valadares, a parroquia máis grande de Vigo. Tardei moitos, moitos anos en volver ver a película:



E entón descubrín abraiada que era esta escena de "O día dos tramposos", unha película ..., de Mankiewicz. Por iso titulei esta anotación "A emoción de Mankiewicz", por esa estraña forma de ir construíndo a miña predilección polo seu traballo. Así que se atopo unha recensión ou reportaxe no xornal, como a pasada fin de semana, non dubido e roubar a páxina, ou o xornal enteiro, se é preciso.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-08-2009 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 O filme do que pos a escena en youtube non o vin aínda, mais fareiche caso na recomendación.

Do que lle vin a Mankiewicz, quédome coa maxi#blgtk08#stral suba de Katherine Hepburn no elevador en Suddenly, last summer, mentres di iso de "Sebastian and Violet... Violet and Sebastian..."

Comentario por Carlos Callón (22-08-2009 15:31)
2 Considera que é un western, o único que fixo Mankievicz e que non é un western ao uso, parece que á crítica americana non lle gustou porque as personaxes non se dividían e#blgtk08#n boas e malas, senón que Mankievicz apostou por retratar personaxes complexas, como un sherif aparentemente incorruptíbel, que procurar beneficiarse do botín dun atraco.
Comentario por Acuática (23-08-2009 12:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática