acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Moita poesía, moita diversión
Onte asistimos ao espectáculo "Moita poesía, pouca diversión" de María Lado e Lucía Aldao,alí, no marco incomparábel da terraza do Verbum, sobre o mar de Samil, máis alá da voz de Julio Iglesias imposta polo altavoz impertinente do Jonathan, a cruzarse por medio das palabras de Romana Petri na miña novela sobre a area.

Mentiron, Lado e Aldao mentiron, porque nos deron moita poesía e moita diversión, unha diversión que chegou ao seu momento álxido na lectura "bilingüe" do "lingua proletaria do meu pobo", sabiamente adaptado e dedicado, en Vigo, si.

Digo que todas, todos gozamos do espectáculo e non se aburriu ninguén, até houbo quen saiu con ganas de aprender a tocar a guitarra para montar algo parecido... de verdade.

Para min o mellor foron os recitados a dúas voces... e ese momento final, despois de que o público desmadrado pedira "outra, outra!" (nunca tal se vira nun recital de poesía), en que Lado e Aldao deixaron un último poema, mentres o sol non acababa de se pór no mar.

Non era un recital ao uso. A poesía chegou vestida de verán e de sol, con calor, desde o manual de instrucións dunha licuadora para acabar falando do simbolismo dun torrador de pan. E estivo alí, nun espectáculo sen complexos, un espectáculo poético, por e para a poesía.

Non teño fotos, mais atopei isto no youtube (tan apañado el), de hai dous anos en Ferrol:

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-08-2009 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Hoxe, na Feira do libro da Coruña temos un recital narrativo musical de Xosé #blgtk08#Carlos Caneiro arredor do seu libro Blue moon, a ver si temos tanta fortuna.
Comentario por Loli (06-08-2009 12:29)
2 Que teñades sorte.
Por certo, cando no seu día eu designara o voso blog como blog maneiro quixen pór un comentario, mais non puiden. O caso é qu#blgtk08#e quería dicirvos que eu profe en Curtis, no IES, no curso 1990-1991, e foi o meu primeiro contrato como interina (o último tamén). Era iso. Un saúdo.
Comentario por Acuática (06-08-2009 14:36)
3 Son un desastre para o tempo, debin chegar alí ao ano seguinte (Foi o segundo ano que tiñan o BUP). No Departamento de Galego estaba un rapaz de Santiago (Xepe) e penso que Gloria.<#blgtk08#br /> O Director era Urresti( Sabes que morreu este ano?)Levo alí desde entonces. Xa nin conto os anos (menos para os sexenios, claro!)
Eu pertezo ao Departamento de Español.
Comentario por Loli (06-08-2009 17:41)
4 Con Xepe tamén coincidín eu, e Gloria non sei quen é, se cadra estaba na mesma praza#blgtk08# que ocupara eu. Urresti o de automoción? Tiña que ser el. Non sabía nada e síntoo.
Comentario por Acuática (06-08-2009 20:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática