acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

malos tempos para a lírica
Este mes de xuño tocoume ser a escritora do mes, ou sexa, ser a escritora entrevistada por La Voz de Galicia, no suplemento Culturas, que é no que se traduce este convenio que a AELG ten con La Voz e grazas ao cal está asegurada unha entrevista mensual a un escritor ou escritora galega nese medio. A entrevista publicouse o sábado e, por casualidade, o domingo publicouse outra, desta volta no Xornal, como resultado dun Café de redacción que organizada este medio en colaboración cao AELG. Neste segundo caso era unha entrevista a tres, a Marilar Aleixandre, a María Reimóndez e a min mesma, para falar de literatura galega escrita por mulleres. Xa o di na presentación da reportaxe: "o convite ten algo de provocación e algo de traizón inocente."

Eu resumiría as dúas entrevistas con estas dúas respostas:

1)"Os canons literarios e a opinión que a xente ten dunha literatura constrúense a partir do que se le. O que se escribe produce un certo dano ou un certo beneficio. A poesía dos noventa foi moi etiqueta, moi encorsetada, e non se lle fixo ningún favor. Eu, por exemplo, escribín cinco libros, pero só escribín poesía de muller. Que hai neses libros? Que máis dá. É poesía de muller e punto."

2)“Estamos con malos tempos para a lírica. Pasei hai pouco polo instituto Santa Irene, en Vigo, e volvín aos oitenta: coa crise económica, a folga do metal. Quen vai editar poesía neste contexto? Por ese lado estamos en mal momento e o Goberno anuncia aforro pero está gastando o diñeiro en consulta inútiles. Agora, nestes tempos, a poesía parece un luxo innecesario, per o é xusto o momento de ter máis en conta a poesía... agora, en xuño de 2009, con crise e con persecución do idioma, se non son malos tempo para a poesía galega imos volver a eles moi axiña.”
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-06-2009 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática