acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

CANCIÓN PRA AGARDAR UN NOVO DÍA

Canto precisamos da palabra do Poeta:

Non podemos durmir, anque é de noite
porque temos que chamar polos irmaus,
anque a sombra i o vento nos escoite,
anque nos aten espritos, pés e maus.

Anque o noso carro parta polo eixe
e coma o demo beleza e poesía.
Anque o sono ronde e non nos deixe
saír cara ao sol, á luz do día.

Non podemos durmir anque a canseira
nos peche o corazón, ollos e mente.
Temos que espertar. E nesta xeira
berrarlle a todo o mundo, a toda a xente:

“!Estamos enterrados entre nebras,
estamos afogados entre prantos!
Temos que basoirar tódalas tebras,
sepultar os arrepíos e os espantos!

¡Temos que encamiñarnos pro albor
i andar pola chao com pé seguro
¡Temos que sementar amor e máis furor
pra colleitar espranza e máis futuro!”


Manuel María, Canciós do lusco ó fusco.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-06-2009 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Pero se parece que #blgtk08#o escrebiu onte!!.
Comentario por Hermaco (15-06-2009 16:02)
2 Esa é a cuestión, parece que o escribiu hoxe, hoxe mesmo, canta falta nos fan os seus versos, e os textos de Agustín Fernánde#blgtk08#z Paz e os de moitos outros.

P.D. Por certo que este sábado é a homenaxe, merecidísima, a Fdez Paz en Vilalba.
Comentario por Acuática (15-06-2009 23:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática