acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Correlingua... en Tui

E non choveu...

Como o ano pasado o tempo tívonos preocupadísimas, mais un ano máis non houbo chuvia que puidese co Correlingua do Baixo Miño e do Condado.

Moitos nervios nas horas e nos días previos, mais ao final este ano até conseguimos ser puntuais no inicio da carreira e da festa.

A rapazada gozou do espectáculo de Chévere, sempre tan agudos analizando en clave de humor a situación do idioma. Alegrámonos tanto cando Pailán Veider tirou a máscara... Por fin puido falar galego, sen complexos.

E rematou a festa Hugo Torreiro. Agardo que siga cantando e actuando en galego, porque así é como avanzamos e el vén de comprobar que cantando en galego tamén pode ter centos de fans.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-05-2009 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática