acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Poesía, poesía
Estes días só leo poesía. Gozo da poesía. En calquera lugar vai comigo un libro, e certamente lin e estou a ler dous libros fermosos.

Remataba o outro día Látego de algas, de Antón Reixa

"Escribo en voz alta coa boca chea para dinamitar o ruído do silencio e o zoar dos frigoríficos nas casas baleiras"

"...
Botarte de menos en décimas de segundo
Escribir unha longametraxe de cada sorriso teu
Construír un calendario de luces silenciosas
Para ti, para min
Días de sombras sonoras"

Di Yolanda Castaño ao inicio do prólogo "Nin pose nin performance: poemas de amor baseados en feitos reais." E si, poemas de amor contra o tempo en cada páxina.

Despois abrín Do ventre da cóbrega, de Xavier Seoane, e aí estou. Gozando con cada poema:

"O Profeta

Aprendín o nome das cousas,
asomeime ao baleiro e mergulleime no todo
mais o sol do deserto me cegou
e o vento do soño borroume.

Só pido
que me esquezades.

Que sexades piadosos."

Ademais no Ventre da cóbrega léome (como diría Xabier P. Docampo), léome cando di:

"Botamos terra na boca dos xustos
e vertemos retóricas abstractas
en orellas de homes que se volven asnos.

Deixamos que os satisfeitos loasen a discordia,
que os excluídos mastigasen terra
e os insaciables cuspisen na ágora."

Xa sabedes: poesía e poesía. Poesía.
Comentarios (2) - Categoría: libros - Publicado o 26-04-2009 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 A min gústame a súa, son u#blgtk08#nha humilde admiradora ;)
Comentario por Avelaíña (30-04-2009 22:08)
2 Moitas grazas Avelaíña, ante declaració#blgtk08#ns como a súa unha non sabe que dicir.
Comentario por Acuática (02-05-2009 10:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática