|
|
|
|
Cinza no Festival Poïética |
|
 Onte, 18 de abril, participei no Festival Poïética, en Poio. Alí tiven a oportunidade de reencontrarme con poetas cos que había anos que non coincidía, Sechu Sende ou Igor Lugrís, tamén con Luz Fandiño, e coñecer persoalmente a Xiana Arias ou Andrea Núñez.
Por suposto felicitei á concelleira de Cultura pola iniciativa, pois cómpre realizarmos actos coma estes, pola poesía e pola lingua... por nós.
Foi un pracer para min participar no acto onde recitei algúns poemas de Cinza, entre eles este en que Rosa Castro Sanromán, a miña tataravoa, posa para o fotógrafo da rúa do Príncipe (Vigo), alá pola década dos 60, tal vez cando eu xa nacera, pois ela coñeceume. Esta muller, nacida nunha familia adiñeirada (a de Asefal), foi desherdada polos seus pais por namorar e casar cun mariñeiro. Mais ela foi feliz, abrindo a súa casa a todos os que o precisaron e facendo comida para todos os que pasaban pola súa porta. Era unha muller de carácter e que sabía o que quería. Así somos na nosa familia. |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
So quería trasmitirte os meus parabéns, e é que coma marchaches non cho puiden decir, mais emocioneim#blgtk08#e moitisimo coas tuas palabras..
compañeira de tribo, Obrigada!
Andrea |
|
|
Comentario por andrea (25-04-2009 01:39) |
|
|
2 |
Grazas Andrea. Eu lamento ter que me ter ido tan rapidamente... Porque desde l#blgtk08#ogo quería compartir con vós o postrecital. Agardo que teñamos outra ocasión. |
|
|
Comentario por Acuática (26-04-2009 11:01) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|