acuática


https://martadacostaalonso.wordpress.com/ https://www.facebook.com/marta.dacostaalonso

Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 OBRA
 CONTIDOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 Arquivo

Cinza
foto de Marta DacostaNo verán do ano 2004, escribín o último poema dun conxunto de textos que logo formarían un libro que titulei Cinza. O proxecto consta de varias partes: ?que de min queda?, realmente o poema que introduce o libro e dá a razón da súa existencia, como memoria, ?memoria do que non queda?, memoria da emoción e da dor máis íntima, ?memoria do azougue?, memoria da dor sufrida e asumida, por tanto da que en min se reflicte.
Para rematar estaba a parte principal: ?patela e cicel?, concibida como unha especie de álbum fotográfico ilustrado con poemas, de tal maneira que se podían pasar as súas páxinas e ir coñecendo un por un ao meu avó, a miña nai, a avoa... mesmo había algún retrato meu de cando pequerrecha, ou do meu fillo. Cada ilustración textual levaba a súa data, unha data moitas veces aproximada, xa que descoñecía en que momento se tirara a foto, ou cando sucedera exactamente o feito que relataba.
Malia esta parte estar baseada na miña memoria familiar, contén, desde o meu punto de vista, a visión da memoria colectiva, quero dicir, cando falo da miña avoa volvendo de traballar na descarga do peixe, de madrugada, evoco un episodio que nos remite ao sufrimento colectivo dun pobo, a guerra civil; cando falo da morte do meu avó, quero falar dos mariñeiros que se salvaron dos naufraxios ou dos que morreron no mar. É certo que hai textos que non transcenden a memoria persoal, como hai outros que só existen porque se insiren nun conflito colectivo do noso país.

O libro pasou algúns avatares e finalmente foime pedido por unha editorial en 2006. Xa corrixín as probas hai dous anos. E nada máis souben del. Daquela, entre seguir e parar, sigo, e aquí irei deixando (algo que xa fixen puntualmente), de vagariño, as súas páxinas, unha a unha cando poida... e así, quen quixer pode compartir comigo esta memoria.
Comentarios (2) - Categoría: Cinsa - Publicado o 03-04-2009 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 e eu pensando que era porque non o dabas acabado...

pois seguirei agardando a#blgtk08# lelo en papel algún día. mentre ficarei cos petiscos da rede...

unha aperta.
Comentario por diana (16-04-2009 17:44)
2 Hai ben tempo que o rematei, cinco anos. Son as#blgtk08# cousas da publicación... Aquí quedará. Saúdos.
Comentario por Acuática (16-04-2009 19:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0