acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Día da auga
Onte, 22 de marzo, día da auga, participei no Rosal nun recital con motivo do día da poesía, o día da auga e o día da muller... un marzo moi celebrativo.

Así que lin Acuática, claro:

Médranme as membranas interdixitais,
desaparece a cadeira dolorida
e a columna alóngase e lembra
o movemento orixinal do mundo.
Cabelo himantalia elongata ou correa
porque a chuvia é río, é mar,
é sal, é vida
azul en movemento.
Vida que me destrúe e destrúe
destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Vida que nos dá vida, que atrapa a vida
para a nosa alma de mar e area,
musgo e pedra, terra e fento,
cágado e ova,
lama e seixo
destrúeme
destrúome
destrúote.
Alóiome
acuática alma.
Comentarios (4) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 23-03-2009 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Agardo que o público disfrutara coa súa presenza, mais, por que se pux#blgtk08#o tan pequecha?. Acaso sentiuse así no recital cun poema tan grande?.
Comentario por Hermaco (24-03-2009 14:41)
2 Si. Sempre me sinto un po#blgtk08#uco pequena... en xeral.
Comentario por Acuática (24-03-2009 15:56)
3 A túa é desa poesía que descubre, da de verdade, poesía da qu#blgtk08#e contaxia poesía e se explica no lampexo íntimo que provoca.
Comentario por ekis1331 (25-03-2009 19:50)
4 Moitas grazas, son unha fermos#blgtk08#ísimas palabras as súas ekis.
Comentario por Acuática (27-03-2009 17:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática