|
|
|
Entre Ourense e Xinzo |
|
 Hoxe andei entre Ourense e Xinzo porque dúas profes e as súas alumnas e alumnos tiveron a amabilidade de me convidar, así que alí estiven no IES Prieto Nespereira e no IES Lagoa de Antela.
Faleilles do 8 de marzo, das súas orixes, e do papel das escritoras na procura de espazo literario, algo que levamos facendo máis de dúas décadas. Porque moitas de nós decidimos que xa chegara o tempo de que as mulleres fosen protagonistas, creadoras e lectoras dunha literatura que falase de nosoutras, da nosa dor física e psicolóxica, dos nosos soños de superar o teito de cristal, da nosa visión do mundo. E entón tamén decidimos desmontar as personaxes e os mitos para refacelos de novo, subvertindo o seu papel na sociedade patriarcal que nos tocou herdar.
Así que ás mozas e aos mozos faleilles de que o 8 de marzo fixouse como data conmorativa a petición das mulleres socialistas, que houbo que agardar ás autoras actuais para atopar textos en que as mulleres se ven completamente representadas, que Rosalía padeceu a ignorancia e a lente deformada de moitOS analistas literariOS que nos deron unha visión DEFORMADA E FALSA da escritora, que María Mariño foi negada até o extremo de se cuestionar a súa propia existencia física...
Eu falei e falei, non podo evitalo, o tema é apaixonante e se non me paran eu falo sempre.
Agardo que lles interesase e lles servise para agrandar o seu horizonte crítico, porque iso é o que deben aprender, que elas e eles son donos das súas opinións e soños, e que deben esculcar na realidade, preguntándolle unha e outra vez, preguntando sempre.
Grazas a todas e todos. |
|
|
|
9 Comentario(s) |
|
1 |
moitas grazas pola charla do 8 de marzo. Abríchesnos os ollos, por o menos a min, a temas referentes a Rosalía. Todos pensamos que foi e é unha muller moi valorada, pero non sabiamos que#blgtk08# existía xente capaz de dubidar da súa capacidade intelectual... unha erro claramente.
estivo moi ben ter a unha escritora galega no noso instituto.
sorte |
|
|
Comentario por lorena-ies lagoa de antela (10-03-2009 16:22) |
|
|
2 |
Moitas grazas Lorena. Agardo que si, que o que vos con#blgtk08#tei sirva para vos abrir os ollos e vos facer pensar. |
|
|
Comentario por Acuática (10-03-2009 16:38) |
|
|
3 |
Xa vexo que se me adiantou Lorena nos agradecementos. Gustáronnos moito a charla e as dedicatorias, Marta. E hoxe preguntei na clase de 4º B e #blgtk08#dixéronme que aprenderan moito. Cando poidas entra no blog de normalización: http://www.blogoteca.com/ofalarnontencancelas/
Unha aperta. |
|
|
Comentario por Carmen (10-03-2009 17:29) |
|
|
4 |
Grazas a vós!!
Moitísimas grazas polas vosas palabras. Eu tamén quede#blgtk08#i encantada da participación e da atención do alumnado.
Sodes magníficas/os. |
|
|
Comentario por Acuática (10-03-2009 18:38) |
|
|
5 |
#blgtk08# |
|
|
Comentario por un colega das palabras (16-03-2009 15:10) |
|
|
6 |
A charla foi moi interesante,aínda qu foi unha pena que case non#blgtk08# tiveras tempo de comentar a túa poesía!
moitos saúdos!! |
|
|
Comentario por colega das palabras (16-03-2009 15:18) |
|
|
7 |
As túas palabras fixéronnos reflexionar sobre as dificultades que atoparon e tiveron que superar as mulleres escritoras ao longo dos séculos.
T#blgtk08#amén aprendemos a mirar criticamente algúns mitos que nos parecían atractivos literaria e lendariamente e que escondían unha discriminación de xénero tremenda. |
|
|
Comentario por Colegas das palabras (16-03-2009 15:44) |
|
|
8 |
Algúns rapaces sentímonos directamente aludidos como responsables da situación discriminada da muller. Temos a impr#blgtk08#esión de que só temos un papel negativo e gustaríanos que nos explicaras que opinas ti. Esperamos a túa resposta... |
|
|
Comentario por colegas das palabras (16-03-2009 15:45) |
|
|
9 |
Grazas polas vosas palabras e a vosa atención, colegas das palabras.
E sobre a miña opinión... contamos con vós, porque vos precisamos, sufrides, como nós, a opresión dunha socieda#blgtk08#de que as mulleres denominamos patriarcal. Unha sociedade que non discrimine ás mulleres, será unha sociedade máis libre e máis xusta para todos e todas e entre todas e todos debemos construíla. |
|
|
Comentario por Acuática (17-03-2009 00:40) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|