acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

En pé que a nosa terra é nosa!
Do pouco que lembro das clases de Crítica literaria, está o concepto de literalidade, como calidade da obra literaria que pode ser lida a través do tempo e non perde nunca interese, enriquecéndose coas lecturas que imos facendo dela.
Porén iso non implica a descontextualizacion dun poema, nin que esquezamos os motivos que o converteron en obra escrita. E falo a propósito de Cabanillas, do seu poema "En pé!" que o outro día foi citado por Núñez Feijóo nun mitin electoral, polo mesmo candidato que sostén que derrogará o Decreto 124 que concreta que se debe impartir en galego no ensino...

A prensa recolle que Feijóo citou os catro primeiro versos do poema: "en pé, sereos, a limpa fronte erguida, envoltos na brancura da luz que cai de riba", e tamén di que pasou desapercibida a cita do poema, e claro, porque foron escollidos só estes versos orfos da palabra coa que se inicia o poema: "Irmáns!", e dos que continúan a estrofa e forman con eles un todo: "o corazón aberto a toda verba amiga, e nunha man a fouce e noutra man a oliva, ó redor da bandeira azul e branca, ó redor da bandeira de Galicia, cantémo-lo dereito á libre, nova vida!". Non foi pouco o que deixou atrás o popular, pois, verdadeiramente, os versos por el citados e os que lle seguen forman unha unidade de significado inequívoca, que, aínda que Cabanillas non poida dicírnolo da súa voz, están nas antípodas do que defende este candidato (tal vez Cabanillas se remexeu na súa tumba o sentirse así citado).

Feijóo "esqueceu" a primeira palabra do poema, e incluíu o poeta no seu discurso. Mais como é posíbel que quen hoxe promete que nos privará das escasas ferramentas que temos para normalizar o noso idioma cite ao cambadés, ao poeta máis representativo das Irmandades da Fala, outro irmán máis dos que decidiron loitar polo noso idioma e empregalo sempre e en todo lugar. Por que non cita Feijóo os versos que falan da bandeira, da fouce e da liberdade... Por que non segue lendo que a patria foi escravizada polos reis de Castela, vendida por traidores na noite da Frouxeira, que están asoballados e que "O día do Medulio con sangre quente e roxa mercámo-lo dereito a libre, honrada chouza!"... Tal vez porque non foron escritos para el, nin para outros, os versos que pechan o poema: "berremos alto e forte "¡A nosa Terra é nosa!".

Segue aquí: gznacion.
Comentarios (5) - Categoría: artigos - Publicado o 23-02-2009 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 o outro día tamén falaba de "liberdade para expresarnos na nosa lingua propia" na "lingua da nosa nación"... na entrevista a Gabilondo, falando do castelán, por suposto. xusto #blgtk08#collín a entrevista nese momento e ocasionoume un intre de confusión e contrariedade, pensei que estaba nun universo paralelo ou algo así... en fin... o que hai que escoitar.
Comentario por diana (24-02-2009 22:45)
2 Si, a verdade é que é lamentábel o dobre discurso destes políticos que en n#blgtk08#ada lles importa a lingua e que nada fan por ela. Cómpre estar moi atentas.
Comentario por Acuática (25-02-2009 09:25)
3 O de argumentar á contra do que verdadeiramente se opina e se fai é algo ó que o#blgtk08# PP xa nos ten acostumados, pero é certo que nesta caso resulta ata indignante.
Comentario por ekis1331 (26-02-2009 00:28)
4 E máis indignante aínda a falta de decencia de inventar bulos ou de facer insinuacións infundadas... A verda#blgtk08#de é que estes días enfádome cada vez que leo o periódico, vaia falta de profesionalidade que teñen algúns.
Comentario por Acuática (26-02-2009 09:07)
5 É certo, a min xa máis que cabrearme desesperánzame, o cal é pior; un vaise sentindo cada vez #blgtk08#menos e menos determinante socialmente e cada vez máis instrumentalizado, impotente.
Comentario por ekis1331 (27-02-2009 12:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática