acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Tertulias do IEM
arquivo Marta Dacosta
Onte, 13 de febreiro, Marilar Aleixandre foi a protagonista das tertulias do IEM que, este ano, están centradas na ciencia, e de ciencia falou Marilar Aleixandre, da súa experiencia como investigadora e do papel da muller na universidade. Tamén falou da liña de investigación que están a seguir no seu equipo sobre o pensamento crítico.

Foi unha tertulia moi, moi interesante.

(na foto con Marilar Aleixandre e Xilberte Manso, do IEM)
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-02-2009 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 ola!!!!!! marilar alexandre a escritora de "a banda sen futuro"" un dos meus libros favo#blgtk08#ritos.animovos a mercalo!! é unha pasada!! un saudo
de 2 colegas das palabras
Comentario por uns colegas das palabras (16-02-2009 15:21)
2 Marilar, toda unha artista. O ano pasado tivemos a oportunidade de coñecela en persoa aquí, no noso instituto. Agora agardamos coñecerte a ti, Ma#blgtk08#rta.
Cun pouco de sorte remataremos por contaxiarnos un puoco do voso talento, escritores da NOSA TERRRA.
Agardámoste ACUÁTICA.
Comentario por unha colega das palabras (16-02-2009 15:29)
3 Coñezo a Marilar dende hai moito tempo e para min é unha persoa de referencia polo admirable e exemplificador da#blgtk08# súa traxectoria persoal, literaria e científica. Que falta fai transmitir e difundir o pensamento crítico!!.
Comentario por Hermaco (17-02-2009 08:49)
4 Non hai problema, contaxiar o talento, se unha o ten, é un contaxio vantaxoso, e eu estou disposta a contaxialo, insistp, sempre que o teña.

En calq#blgtk08#uera caso estarei encantada de visitar o voso centro e encontrarme con vós.

Tamén para difundir o pensamento crítico, necesarísimo, como di Hermaco.
Comentario por Acuática (17-02-2009 14:24)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática