acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Andoriñas de Kabul
“... é certo que se ten escrito moito sobre este país. Porén, eu propúxenme unha historia inesperada, porque falo do amor, cando todo o mundo fala da loucura e da violencia”. Yasmina Khadra fala así do seu libro Andoriñas de Kabul, un libro en que trunfa o amor, malia a miseria e a ira que o atravesan coma un río. O libro sitúanos en Afganistán e retrata para nós, servíndose dun pincel de intenso lirismo, a decrepitude dun lugar desolado e sen esperanza “Até onde chega a vista, van xuntos o desamparo e un silencio mortal”. Os seus catro protagonistas senten ante nós como lles nace a ira desde o mesmo centro do seu ser que non comprende a fame de sacrificios que move as multitudes a asistir a unha lapidación, onde até quen despreza ese tipo de cerimonias chega participar delas, incomprensiblemente.
Foime unha lectura fascinante, a min que acredito na verdade literaria sobre todas as posibles, porque para alén da historia e das crónicas, a literatura ten as súas propias fórmulas, e moitas veces a súa fición é o xeito máis transparente de se achegar á realidade.
E quen é Yasmina Khadra? o pseudónimo de Mohamed Moulessehoul, un alxeriano que adoptou o nome da súa muller coa intención de desorientar sobre a súa verdadeira identidade e, indirectamente, homenaxear ás mulleres alxerianas. Nada máis, tampouco nada menos, algo que, cando foi desvelado, ergueu unha grande polémica, pois caeron por terra as expectativas xeradas ao redor dunha escritora alxeriana que xa non só non era muller, senón que mesmo era un oficial do exército que, en 1965, derrocou a Ben Bella.

(publicado en A Nosa Terra)
Comentarios (2) - Categoría: A muller que le - Publicado o 29-01-2009 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Eche o éxito e a miseria desta vida, que o absolutamente imprevisible pode acont#blgtk08#acer en calquera momento.

A historia deste home parece de novela.
Comentario por Hermaco (01-02-2009 09:42)
2 Totalmente de novela e absolutamente real, como a vida mes#blgtk08#ma, que sempre acaba por superar a fición.

Comentario por Acuática (02-02-2009 08:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática