acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Intifada. Oferenda dos poetas galegos a Palestina
Son gotas de sangue as que inundan os poros
das túas cansas pálpebras,
e non queres abrilas, xa coñeces as reixas
do lugar en que habitas.

Mais ábrelas e ollas o teu fillo que mama
o xa, tan pouco sangue, que levas aínda dentro,
ten os ollos fechados, tal vez non quere ver
os sucos do teu peito.

A túa filla está xogando e canta baixo,
de vagariño canta, con ollos moi moi pechos,
e soña que está lonxe, no fogar que non tivo
e pecha máis os ollos e sóñao bonito.

El, xa non te ve, cegado na tristura,
apoia en ti as mans e a dor de vivir hoxe
amándote, arreo. Un cego máis que mira
como medran as reixas
do lugar en que habitas.


Este vello poema foi escrito para ser publicado no libro Intifada. Oferenda dos poetas galegos a Palestina, publicado pola Fundación Araguaney no ano 1989 e reeditado en 2004.
Comentarios (1) - Categoría: textos editados - Publicado o 31-12-2008 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Penduraron da OLP o sabenito da corrupción, dos islamistas o sabenito do integrismo, só os sionistas e os yuesei teñen a ve#blgtk08#nida de autocolarse o sambenito da liberdade e da paz a base de terra queimada. Eis o mundo democratizado no que vivimos.
Comentario por Hermaco (04-01-2009 11:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática