acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Placeres Castellanos
"Nais do mundo que ledes este humilde libro, non fiquedes de brazos cruzados agardando unha nova guerra... Os nosos fillos son o noso froito e ninguén ten dereito a arrebatárnolos baixo ningún pretexto."

Estas palabras de Placeres Castellanos, figuran no remate da biografía que sobre a exiliada realizou Elsa Quintas. Hoxe volven ter un intenso significado, volven ser un berro absolutamente necesario.

Días atrás remataba a biografía desta muller que tanto sufriu, afastada dos seus que ían sendo asasinados sucesivamente.

O 31 de decembro de 1939 Placeres ergueuse do seu leito para saudar o nacemento de 1940, Elsa recolle no seu libro estas palabras do diario de Placeres: "As estrelas, a coro, cantaban unha fúnebre marcha silenciosa, como despedida ao exqueisito ano vello, e íanse retirando alegres porque enterraban a un tolo furioso que tantas amarguras producira... O astro rei, con suave sadismo, rompía e desfacía a neve e esta emulaba a unha virxe masoquista, delirante e apaixoada"

O seu fillo máis novo publicou durante anos unha estremecedora esquela en memoria do seu pai, Victor Fraiz, a súa nai e tres dos seus irmáns, todos vítimas do fascismo.

Non podemos esquecer.
Comentarios (2) - Categoría: libros - Publicado o 30-12-2008 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Descoñecíaa por completo... curioso nome o seu... o segundo parágrafo dela q#blgtk08#ue citas garda unha beleza un tanto inquedante, interesante en calquer caso.
Comentario por ekis1331 (31-12-2008 11:19)
2 Certo o que dis do seu texto, foi unha das cousas que máis me impresionou, a súa elaboración. Eu tamén descoñecía a esta mull#blgtk08#er, sabía un pouquiño máis do seu compañeiro: Victor Fraiz, mais desde logo descoñecía a dimensión da súa, da nosa, traxedia.
Comentario por Acuática (31-12-2008 11:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática