acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

De filme en filme

Polo frío ou pola época do ano, ou se cadra porque tiña que cultivar a preguiza, andaba eu famenta de cine, así que botei man do recurso doméstico e pasei sábado e domingo entre filme e filme.

Puiden ver así No val de Elah e Os falsificadores, entre outras. Gustáronme ambas, aínda que insultase a algunhas das personaxes desde o meu sofá, mais era para iso, para insultalas, que vía o filme.

Con No Val de Elah abominei dos excesos da guerra, da crueldade dos homes, do fanatismo patriótico americano que é un enorme tanque de destrución, mesmo para eles mesmos. Magnífica a escena final da película. Con Os falsificadores reflexionei unha vez máis sobre a condición humana e os (des)equilibrios da moral e da vida.

Moi proveitosos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2008 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática