acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Tal vez exista
Con ese título enviei un poema para formar parte do libro Educación e paz III. Literatura galega pola paz. O libro presentouse o día 10 de decembro en Vigo, mais por motivos de traballo non puiden asistir á presentación.

Vou lendo aos poucos no libro, e gústame, hai textos moi fermosos.

Esta foi a miña achega.

Tal vez exista

Tal vez exista
e teña a constancia dos meses que camiñan
baixo un ceo imprevisto, perdida xa a certeza
da chuvia ou a luz que levan na memoria.

Tal vez exista
e corra na súa canle de inverno, sabedora
de que, en chegando o verán, os tritóns
fuxirán cara ao centro da poza
ou morrerán de sede no seu paso imposíbel.

Tal vez exista
e agrome lentamente dunha noz distraída
e cando sexa só veludo tenro e verde,
unha pega ladroa arrinque até a raíz
a súa curta vida de semente agromada.

Tal vez exista
e queira buscar o sol no oco
das árbores máis altas, mentres a parasita
lle leva a luz e a auga
da terra en que se asenta.

Tal vez exista


Comentarios (2) - Categoría: textos editados - Publicado o 19-12-2008 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 A utopía. Esta palabra/fondura/impulso/vontade segue a existir ou desapareceu xa para sempre nos libros de t#blgtk08#exto e os discursos políticos?
Semella que neste conciso mar do teu blog aínda permanece, e alédame.
Comentario por ekis1331 (20-12-2008 04:54)
2 Para min a utopía é un elemento necesario, porque, que sería do noso futuro se non considerásemos as utopías que pretendemos alcanzar? Evidentemente non acepto a acepci#blgtk08#ón negativa que moitos lle queren dar a este concepto.

Son algo utópica, si. E aspiro a que as miñas utopías se convirtan en realidades, é o meu empeño.
Comentario por Acuática (20-12-2008 10:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática