|
|
|
Informe de Europa sobre o estado da lingua |
|
Bo xeito de comezar o día. O informe do Consello de Europa di que non se está a cumprir o Decreto 124 de uso do galego no ensino, di que cumpre unha maior presenza da nosa lingua en infantil, primaira e Eso, mesmo di que debería reforzarse o Decreto con liñas que teñan como lingua vehicular o galego soamente. Tamén nos felicita pola rede de galescolas...
Isto de que lle dean a razón a unha ás oito da mañá senta moi ben, moi ben.
Estou desexando ter o informe para o poder ler demoradamente... porque tamén di que os medios de comunicación non o fan como deberan, que outras comunidades non teñen conciencia de vivir nun Estado plural, ou que a nosa lingua debería estar máis presente no mundo da xustiza.
(na Radio, a Secretaria Xeral de Política Lingüística dixo que ela pensaba que non era así, que por exemplo o Decreto se está cumprindo, aínda que ela non ten os datos, porque iso é cousa de educación ...!!!!) |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Se alguén quixer ler o relatorio completo, pode facelo aquí:
http://www.amesanl.org/mediateca.html
Para unha síntese sobre a situación da lingua galega segundo o Consello de Europa:
http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1289
A verdade é que senta moi ben que nos dean a razón, pois temos que aturar normalmente tanto confusionismo #blgtk08#e tantas mentiras...
Noutra orde de cousas, o Blogspot non me deixa pór o teu blogue no RSS sobre bitácoras actualizadas (a sección "Navegar é preciso" que puxen agora, como moita outra xente, onde figuran os blogues que acaban de introducir algunha nova entrada). Sabes como podería arranxar iso? Supoño que será un problema blogoteca/blogspot...
Bicos e animiños! |
|
|
Comentario por Carlos (13-12-2008 12:41) |
|
|
2 |
Niso da conexión RSS non che podo axudar, son máis ben torpe para eses temas.
A min sentoume moi ben a nova, até aplaudía cando a oín, e iso que estaba a conducir. Porén,#blgtk08# a quen máis lle prestou foi ao pequeno da casa que colleu a copia do xornal e se dedicou a espallar a boa nova polo seu insti...
Vémonos o mércores falando do Deccreto. |
|
|
Comentario por Acuática (13-12-2008 19:51) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|