acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

na escuridade
foto de Marta DacostaCreo que as reseñas literarias nos medios de comunicación son de grande importancia. Cumpren a imprescindíbel función de empurrarnos cara aos libros, mesmo cando as críticas non son boas. Eu xa teño lido algún libro animada por unha mala crítica, comprobando despois que non coincidía en nada co que a reseña sinalaba.

Foi por unha reseña que entre na casa berrando "se alguén non sabe que regalarme pode probar con Un home na escuridade!". E funcionou. Foi o agasallo do meu aniversario. Desde entón comecei lelo, mais unha e outra cousa, foron ralentizando a lectura e non me permitiron gozar debidamente do relato (non me gusta nada demorar moito tempo na lectura dos libros).

Mais o libro gustoume, especialmente a primeira metade, cando realidade e fición se van entrecruzando, cando o home vence a noite a forza de deixarse caer no túnel da súa imaxinación, e tamén as historias que escoitaron en Europa, especialmente á da moza da fonte.

Por outro lado, interesoume especialmente desde o punto de vista metaliterario, por ese proceso de ir encadeando historias, sempre coa guerra como motivo ou escenario, sempre buscando un antídoto contra da dor, construíndo personaxes que nacen para soportar a construción do carácter de August Brill, no curto espazo dunha noite.
Comentarios (2) - Categoría: libros - Publicado o 30-11-2008 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Pinta ben. Eu teño certo prexuízo con Auster por eso de seren tan mediático, non en van, parece constatado que é un gran narrador. Só lle lin un li#blgtk08#bro, A noite do Oráculo, e non me disgustou, pero seguro que ten obras mellores.
Fáltame moita literatura galega por ler, moita, a verdade.
Comentario por ekis1331 (02-12-2008 18:31)
2 O caso é que non o damos lido todo, eu ando a facer torres de libros pola casa adiante, ás veces non entro nas librerías por m#blgtk08#edo de me atopar con algo que me atraia...

Mais se o tempo é limitado, o noso desexo de ler é infinito... non?
Comentario por Acuática (02-12-2008 19:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática