|
|
|
|
Se me matan ... |
|
 Se me matan...
Eu sacarei os brazos da tumba e serei máis forte.
Son as palabras de Minerva Mirabal, unha das tres irmás Mirabal, ou ?As bolboretas?, asasinadas o 25 de novembro de 1960.
Minerva, Patria e María Teresa foron culpables da súa fermosura, especialmente Minerva, a quen o ditador Trujillo quería posuír. Foi a primeira oposición, a negativa ao seu desexo.
Logo viría o posicionamento político contra a ditadura de Leónidas Trujillo, a constitución da ?Agrupación política 14 de xuño?, a persecución, o encarceramento, o asasinato...
Mais o tempo pon a todos no seu lugar, e como dixera Minerva, os seus brazos saíron da tumba e fixeron máis fortes aos dominicanos, ás dominicanas, pois a reacción contra a asasinato das irmás foi o bater de ás da bolboreta que logo provocaría o asasinato de Trujillo, seis meses despois da súa morte.
Na súa memoria e na de todas as mulleres vítimas da violencia machista, hoxe estarei en Cangas, co meu pequeno poema.
|
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Exemplar actitude, dende logo.
So#blgtk08#brecolledor o poema anterior, gustoume. |
|
|
Comentario por ekis1331 (26-11-2008 12:11) |
|
|
2 |
Perdoe por un pequeno secuestro de parte do post nun comentario. O que pon convén difundilo, espallalo#blgtk08#, contalo, por moi terrible que sexa. Descoñecía a orixe do 25N.
Non calen 1000 veces. |
|
|
Comentario por Hermaco (26-11-2008 12:51) |
|
|
3 |
Moitas grazas Ekis, quería conseguir iso, precisamente. Sobre as irmás Mirabal... eu non teño palabras.
Ten pre#blgtk08#miso para copiar Hermaco, porque efectivamente coloquei este post para difundir este exmplo tan importante e tan descoñecido. |
|
|
Comentario por Acuática (26-11-2008 15:44) |
|
|
4 |
Difundir e xuntar as voces para que o silencio esvaeza. Iso é o motivo, e o importante. Foi un pracer recibir nun dos meus comentarios as verbas que Hermaco lle "secuestrou". <#blgtk08#br />
Aínda que non é a primeira vez que paso pola súa casa, como si que é a primeira vez que comento, aproveito para enviarlle os meus parabéns polo seu traballo, e un saúdo. |
|
|
Comentario por Doutora Seymour (28-11-2008 02:00) |
|
|
5 |
Moitas grazas doutora. Concordo con vostede: xuntar#blgtk08#, difundir e berrar tamén, para rachar o silencio. |
|
|
Comentario por Acuática (28-11-2008 16:08) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|