acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

ardendo na fogueira
detalle da estatua de Giordano Bruno en Roma
aquí estás estamos
ardendo na fogueira
traizoados
xulgados
condenados

ardendo na fogueira

no noso propio campo das flores
flores que van murchando
neste frío imposíbel mais certo

aquí estamos
ardendo na fogueira
sentindo a calor asfixiante das lapas
que soben corpo arriba e nos consomen
devorando o pouco osíxeno que queda
ao redor do noso corpo exhausto

sentindo o fedor da nosa propia carne
calcinada no centro do frío glacial
da indiferencia
e a mentira

a maldade orixinal
alimentada en cenáculos mediocres

e como entón
ardemos na fogueira
mentres o mundo xira xordo e cego
percorrendo a absoluta indiferenza
sen chegar a ese día de xustiza
que instale a compaixón
que xa non prenderá en tanta ausencia



a ti, que atravesas o campo da flores
Comentarios (3) - Categoría: Acuática alma - Publicado o 22-11-2008 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 #blgtk08#
Comentario por unha colega das palabras (16-02-2009 15:32)
2 este e un poema moi bonito pero a vez un pouco tris#blgtk08#te. tes poemas bonito a min gustaronme os poemas,
Comentario por colegas das palabras (16-02-2009 15:32)
3 Precioso, arrepiante e incr#blgtk08#ible poema.
Noraboa.
Comentario por unha colega das palabras (16-02-2009 15:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática