acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Victoriano Taibo, Abrente
¡ABALA!

Hei d'ir contigo ao alén,
a onde tu vaias;
só contigo
porque tu sola me amas;
Hei d'ir contigo a aqués cantos ignotos
das ben remotas praias,
illas de luz en soños
no gurgullar das augas;
Hei d'ir contigo ao alén,
onde as almas exhalan
o arrecendo subtil
do Ben en flor,
e canta
a saudade da néboa
como os teus ollos embazados, mansa;
¡Que ninguén o saiba! ¡Que ninguén me vexa,
alma!
fuxir contigo ao alén,
a onde tu vaias;
Fai do teu seo un berce misterioso
e cubre÷me co manto da esperanza;
Abala agora manseliñamente,
muito suave,
abala;
Quere soñare en ti porque en ti moran
as miñas doces ansias;
¡Un beixo!
Abala agora manseliñamente,
muito suave;
¡Abala!...

Poema Victoriano Taibo pertencente ao libro Abrente, 1922.

Os actos en homenaxe de Victoriano Taibo continuaban o sábado 15 de novembro.

Recomendo vivamente a lectura do monográfico editado polo IEM.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2008 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática