acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Domingo de poesía en Valadares
foto de youtubeOnte quedeime en Valadares para asistir ao espectáculo de poesía previsto para pechar as xornadas de oralidade. E fixen ben.

Fixen ben porque falei con amigas e amigos, con Xordal, con Antía Otero, que nos adiantou que a partir de mañá podemos vela de novo cantando entre Os atláticos, e con María Lado, que segue medrando horizontalmente, e iso que eu xa pensara que o neno estaba xa aquí.

E Fixen ben porque descubrín algo que non coñecía e que ben me gustou. Son realmente bos estes accidents polipoetics, deben verse.

Concordo con María, bo domingo.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2008 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Grazas por eeste descubrimento Ac.

Por enriba de que todos temos a razón, deixolle este outro poema que nos per#blgtk08#mite subir a autoestima:

Teño corda para rato
http://www.youtube.com/watch?v=npnTVwcCrFI

Comentario por Hermaco (28-10-2008 13:18)
2 Temos corda#blgtk08# para rato!
Comentario por Acuática (29-10-2008 00:29)
3 O outro día vin un anaco dos Atlánticos e fiquei que como un dos actores esta o chico que facia o programa de historia de Galicia que tanto me gustaba, a os domingos, antes de Libro de familia#blgtk08# (serie que sigo). E tamén volvo, por se alguén me pode indicar onde podo encontrar frases e citas celebres sobre os espacios habitables, os reformados pra habitar e os recordos. Algo chungo.
Comentario por Wendel (29-10-2008 19:57)
4 Hai un libro de Rafa Villar que se titula Casa ou sombra e que pode conter alg#blgtk08#o do que buscas, aínda que non é unha cita célebre... porque diso non che sei.
Comentario por Acu (30-10-2008 00:11)
5 Eu que son de Baiona pensara en ir pero ninguen do meu entorno se anima nunca a este#blgtk08#s evento. Vexo que hai videos no youtube, mirareinos enton.

Apertas.
Comentario por Anxo Ratel (31-10-2008 11:16)
6 Pois é unha mágoa, porque como imaxinas non hai moito público e a organización fai un esforzo importante para real#blgtk08#izar actos deste tipo. A parte de que é un pracer estar alí, claro. A ver se outra vez se animan un poiquiño máis
Comentario por Acuática (31-10-2008 15:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática