acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

(A Ribeira, 1949)
arquivo Marta DacostaCorre sobre as zocas de tres paos
repenicando a pedra da Laxe
a neniña que arrebola carbón
mentres a banda enche a Praza de festa.
Sobe a voz das peixeiras da Ribeira,
o seu canto de sereas desde a Praza dos Ratos,
e o arrecendo das patelas
inzadas de azuis lingotes de prata.
Chámaa a avó,
a muller pequena que pode co mundo,
a fada das ilusións feitas rosca de Reis
enriba do chineiro que amobla unha casa enteira.
Eu coma ti,
avanzo feliz nos cabalos da festa,
pegasos que nos dá a memoria
para voar cos soños.


(outro poema do inédito Cinza
tradución en palabras do retrato da nena)
Comentarios (2) - Categoría: Cinsa - Publicado o 23-10-2008 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Vossé Ac, coma ela foi, ogallá continúe a ser a muller pequena que pode co mundo ( e non ten que ver este comen#blgtk08#tario co síndrome de Peter Pan).

Non perda de vista o cabalo de diante.


Comentario por Hermaco (24-10-2008 13:10)
2 Creo que o de ser "a muller pequena que pode co mundo" anda a bulir no#blgtk08# meu adn mitocondrial. E terei conta do cabalo que vai diante, seguro.
Comentario por Acuática (24-10-2008 15:10)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática