acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

o descenso

Baixando sen vagar os chanzos da escaleira
chegamos ata a porta candente que agardaba
coa exacta precisión dun día calculado.
A tarde era apacible, sen vento, luminosa,
un oasis de sol no augaceiro do outono,
finalmente esa tarde que fora sinalada.
É certo que quizais comezara o descenso
nos días que sen tregua me foran dando a forma
e as dimensións exactas deste pozo sen límite.
Dinme conta que xa non había retorno,
que a porta estaba aberta ao final da escaleira
e que a tarde corría como todas as tardes,
anunciando a rutina deste inferno que chega
para invadir as horas e soñarnos as noites
tinxindo este silencio coa dor dunha derrota ...


En atalaia alerta. Texto escrito por volta de 1997. É curioso comprobar como se mesturan as espirais do tempo.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-10-2008 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 É unha sorte poder dispor das ferramentas da creación para darlle saída ás frustracións ou ás penurias, aproximarse a alquímica conversión do chumbo en ouro.
Dous p#blgtk08#oemas escuros estes últimos... supoño que é inevitable, dunha ou outra maneira ter que afrontar esas escuridades que ás veces tinxen o noso tempo... unha aperta e ánimo.
Comentario por ekis1331 (21-10-2008 18:08)
2 Grazas. Xa falei noutro lugart do valor terapéutico da poesía.
#blgtk08#
O que me perturba é a imitación que o tempo fai de si mesmo.
Comentario por Acuática (21-10-2008 23:28)
3 ¿por que será que en múltiples ocasións o silencio fala tanto das derrotas moito máis cá das ledicias?

neste outono descubrín o teu blog e #blgtk08#algunha vez deixo que os meus ollos se deiten á beira das túas palabras, e nelas vou indo, como agora, dentro do triste poema, cara abaixo

Comentario por beatriz (23-10-2008 21:35)
4 Canto tempo Beatriz.

Triste poema si... ás veces os tempos teñen esas cou#blgtk08#sas... mais non te deixes levar, que estas palabras son para escorrentar esa escuridade.
Comentario por Acuática (24-10-2008 15:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática