acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

atrapada na arañeira
Soidade e precipicio da mentira
é todo canto teño agora mesmo.
Atrapada na arañeira
a grande infame tece a súa coiraza de veleno
e vaime devorando,
vaime baleirando pouco a pouco,
mentres eu
tento manter o alento e o equilibrio
tento rachar coas cadeas que me atan.



(non me gusta que me presionen.
Tampouco me gustan as arañas)
Comentarios (7) - Categoría: foto-poemas - Publicado o 15-10-2008 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Como me gustan estes teus poemas Marta. Dende a fabulosa "pel de ameixa" que me tes engaiolado. Sigo o teu blogue a miúdo pero nunca me decidín a escribirche algo. É un pracer para os que te lemos poder dispor do teu blogue. Por certo, un íntimo amigo pregú#blgtk08#ntame que cando se fará público o gañador do Gzcrea de poesía, que seica estás ti de xurado, para que vexas o ben informado que estou...

Espero participar de xeito máis continuo nos comentarios.

Saúdos Marta.

Comentario por Daniel Moreira (15-10-2008 19:42)
2 Se escrebir esas palabras, duras pero fermosas, cóstalle tando como aturar as arañas e se con ese sentmento vive neste intre, coido que ten vostede moito valor e moito mérito Ac.

Sexa forte, non hai mal que dure cen anos.
#blgtk08#
Di Conchita que as cousas van ordeando soas sen querer...

http://www.youtube.com/watch?v=u2qm-ORW-tw

Agardo que a vida lle diga que lle toca a vossé iso de sentise ben.

M8s bks: ADIANTE!!!
Comentario por Hermaco (15-10-2008 21:24)
3 Moitas grazas Daniel, pásate sempre que queiras, esta xanela abriuse para poder asexar por ela, cara a fóra e cara a dentro, así que benvido. Para o fallo#blgtk08# do GZcrea haberá que agardar un pouquiño.

Grazas Hermaco, vou aprender a canción, porque creo que agora xa me toca a min sentirme ben...
Comentario por Acuática (15-10-2008 23:57)
4 e ti como sabes que estan ahi xa cho dixero#blgtk08#n a ti que as medulas taban en aloia
Comentario por remesquide (16-10-2008 19:13)
5 e ti como sabes que estan ahi xa cho dixero#blgtk08#n a ti que as medulas taban en aloia
Comentario por remesquide (16-10-2008 19:14)
6 Boas Marta! Estiven presente na mesa redonda da facultade de filoloxía de Vigo. Bueno, en realidade foi o "monopolio" redondo de Manuel Outeiriño... Non estivo mal,#blgtk08# e, case por sorte acabo de descubrir o teu blog, como un tesouro, a través da páxina doutra poeta, María Lado. Así que xa tes outro lector.

Saúdos
Comentario por Anxo Ratel (17-10-2008 18:55)
7 Ben vido Anxo. Alégrome de que non che parece mal a mesa da Facultade. Se escoitaches a miña intervención xa sabes que penso que foi excesiva a intervención dalgún i#blgtk08#ntegrante que condiciona o seus gusto literario aos seus prexuízos. Pobres dos escritores e das escritoras se todo o mundo fixese así...

Até máis ler.
Comentario por Acuática (18-10-2008 14:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática