acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Che, o arxentino
É unha especie de retrato impresionista

Para min o filme non pretende contarnos unha historia, non, porque esa xa a sabemos, coñecemos o principio e o final. Só darnos unhas pinceladas que nos permitan coñecer un pouco máis unha das persoas centrais na historia do século XX. Mais non de calquera xeito, senón cunha profunda dose de amor (di o Che que esa é o trazo principal dun revolucionario, o amor, amor á humanidade, amor á xustiza e amor á verdade).

Desde o meu punto de vista, está feito para comprender, para desterrar preconceptos, para darnos conta do por que das cousas que outros nos presentan como eivas e argumentos para a crítica.

Saín do cine ratificada na opinión que construín desde o meu pequeno coñecemento da figura do Che e da revolución cubana. Foi, foron verdadeiros heroes, uns tolos imposíbeis que deron a súa vida. Porque quen de nós deixaría unha posíbel vida acomodada de doutor para pasar os días e as noites nunha selva espesa e húmida, camiñando sen parar e soportando ataques de asma... sen ventolín, nin nada parecido. Quen de nós tería a disciplina de se entregar á lectura e á reflexión cando o corpo está mallado despois de loitar sen reparar na vida, despois de ver como matan os compañeiros da forma máis salvaxe posíbel. Quen de nós non se deixaría levar e se rendería aos luxos que estivesen ao alcance da nosa man como premio a incontábeis días de loita.

Hai unha escena que o resume perfectamente a súa personalidade... mais non podo falar dela, porque é a que pecha o filme.

Tiña un pouco de medo de cal tería sido o tratamento desta figura histórica. E saín contenta. A min gustoume o filme.

(na foto con Manuel Molla, que segundo nos dixo combateu co Che en Sierra Maestra, por suposto, era un neno)
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-10-2008 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Alégrome de que a película procure a verdade, vindo de onde ven (hollywood) tiña #blgtk08#o medo de que caera no tópico e na superficialidade. A túa valoración convénceme.
Comentario por ekis1331 (12-10-2008 18:40)
2 Por iso ía eu con medo, mais, para min, aínda reforza #blgtk08#máis o mito, porque nolo mostra humano e consecuente.
Comentario por Acuática (12-10-2008 19:12)
3 #blgtk08#
Comentario por herm (15-10-2008 13:27)
4 Ah, si a escea....hahaha, fantástico, é que os comunistas sonche así de disciplinados e coherentes (algúns polo menos), poida que teña o seu lado negativo pero a corrección e responsabilidade non lle gañan outros.

Vela #blgtk08#ao lado do Molla da un grande respeto e arrepía a pel, poida que nun tempo a xente pense que o que pasou nesa película sexa só produto do cine. Todo se perde.

Unha aperta polos comentarios e animo tamén a vela.
Comentario por Hermaco (15-10-2008 13:31)
5 Pois cando escoitaba o relato de Moll#blgtk08#a estaba abraiadísima, fiquei pampa.
Comentario por Acuática (15-10-2008 17:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática