acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Por que matei a Pierre?
Cando vin as súas páxinas expostas na Coruña xa me dei conta de que estaba ante unha obra que debía ler.
O título reclamaba a miña atención, e xa percibía como o debuxo se integraba completamente no texto.

Por que matei a Pierre é unha obra mestra. Trátase dunha novela gráfica escrita por Olivier Ka e debuxada por Alfred e forma parte xa das miñas lecturas predilectas.

Unha historia tremenda perfectamente narrada, sen estridencias, sen crueldade, cunha emoción inmensa, que nos deixa entrar na mente dun neno, que logo será adulto, para comprender o silencio e o medo, para unirnos á súa voz cando asume que a súa historia ten que ser contada.

Magnífico relato e magnífica a ilustración, cunha estrutura mesmo poética. Debo dicir que nunca lin unha banda deseñada en que a imaxe fose tan unha co texto como neste caso? Non podo aseguralo, mais Alfred interpretou perfectamente a historia, fíxoa propia e converteuna tamén en elemento narrativo.

Evidentemente considero que é un texto perfecto, recomendo a súa lectura, e unha cousa máis, a súa tradución ao galego. Eu daríallo como lectura recomendada aos meus alumnos e alumnas.

É unha historia cunha profunda carga antirrelixiosa
É a historia real dun menor que sofre abusos sexuais.
Comentarios (9) - Categoría: libros - Publicado o 06-10-2008 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 ufff! ten que#blgtk08# ser chungo.
Comentario por ekis1331 (07-10-2008 19:56)
2 Aí está a arte, non #blgtk08#é nada chungo, nada.
Comentario por Acuática (07-10-2008 21:14)
3 ehh#blgtk08#h?
Comentario por ekis1331 (08-10-2008 01:35)
4 Tiven a posibilidade de ver/ler esta obra, xa hai algún tempo. Creo que é un tema terrible pero que os autores o abordan con valentía.

Coa valentía de Ka ao ser unha terapia dun caso real (o seu) que se bota fora. Tamén coa valentía de facelo de xeito que os que o recibimos #blgtk08#percibamos todo o seu fondo e non vomitemos sobre o libro.

A técnica de ilustración é exquisita. Merece a pena leelo, aínda sabendo do que trata. Eu mesmo collín o libro con dous dedos antes de comezar.

Os seus comentarios son moi acertados Ac.

Comentario por Hermaco (10-10-2008 10:57)
5 Grazas Hermaco, vostede tamén explica moi ben como o libro se achega a nós#blgtk08#.
UN magnífico libro, insisto (estoulle chamando libro, non bd...)
Comentario por Acuática (10-10-2008 21:27)
6 De verdade é tan interesante? Quería mecar O castelo regadeira que me parece moi divertido para regalar estas navidades, espero que o teñan. Se non igual merco ese, gustame m#blgtk08#oito a ilustración e o título, ten moi boa pinta por como falades.Non será moi triste? Espero, teña final feliz ou moraleja como "A cousa que mais doe do mundo" jeje.bikiños
Comentario por wendel (15-10-2008 18:59)
7 Para min é moi interesante, desde logo nonten nada que ver co Castelo regadeira. Final feliz? A#blgtk08# felicidade é un concepto relativo, eu diría que si. Por certo, moi interesante a vosa páxina.
Comentario por Acuática (16-10-2008 21:07)
8 Moitas gracias. Pero o libro "Por que matei a Pierre?" xa esta interpretado o galego?
Moitas gracias tamén por visitar a páxina, cada vez o contador vai a #blgtk08#mais.Por certo, acordaste que te comentara que iamos facer un libro na facultade?.Remateino a correr, ainda que non foi en verso (non fun quen) quedou ben.Volverei
Comentario por Wendel (17-10-2008 00:03)
9 Non, Por que matei a Pierre? non está en galego, por iso dicía eu o de que se traducira.
Vaia, agora me dou conta, como cambiaches de sinat#blgtk08#ura... Debeu quedar moi ben o libro.
Pasarei pola páxina de cando en vez, a ver se hai novidades, ou a repasar as obras que tedes colgadas.
Comentario por Acuática (17-10-2008 17:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática