acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Idade indefinida
Safo vista en Roma. Arquivo de Marta DacostaCamiño desa idade indefinida e eterna
non se pode parar o círculo da lúa,
nin o fluír do sangue, constante fase a fase.
Devalo da marea o noso corpo
déixase levar da lúa chea
e esquece que a area está acabando
de descender exhausta o seu traxecto.
Partirémolos ósos como cristal de azucre
porque a graxa do leite fora prohibida,
seguimos sendo pequenas, tan pequenas,
diminutas aos ollos que nos miden.
A nosa vida é un camiño de cadeas,
cadea de sangue, cadea de leite,
cadea que nos creba os ósos e corroe
a cerna do noso ser de sobreira destrutíbel.

En atalaia alerta.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-09-2008 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Unha ferida de versos, unha fondura#blgtk08# doente, unha fermosura de versos.
Comentario por ekis1331 (30-09-2008 12:10)
2 É certo que a nosa vida é un camiño de cadeas, mais algunhas, moitas, todas, ás veces, poñémolas nós sobre as nosas cabezas, os nosos brazos, os nosos nocellos. Se é así benvidas sexan. Mágo#blgtk08#a se son outros os que nolas poñen.

Agardo que vossé nunca saia da eterna idade da madura responsabilidade e da xuvenil vitalidade.

Bkñs de aniversario.
Comentario por Hermaco (30-09-2008 13:12)
3 Grazas aos dous polas súas palabras. O poema xa ten uns anos, mais lembreino #blgtk08#onte, e deixeino aquí. E procurarei seguir sendo unha optimista responsábel.
Comentario por Acuática (30-09-2008 14:36)
4 alégrame que puxeras algo de en atalaia alerta, resultoume un libro moi intenso.
#blgtk08#
aproveito pra saudar. en 15 días irei dárlle á pelota a gondomar. unha aperta
Comentario por diana (30-09-2008 20:04)
5 Confésoche que foi un libro moi doloroso, escrito nun momento radical, sen posíbeis equil#blgtk08#ibrios.

Así que segues dándolle á bóla? Fas moi ben, din que es moi boa.
Comentario por Acuática (01-10-2008 15:19)
6 a verdade que iso é o que transmite, tamén foi un libro duro de ler, tamén nun momento radical, como ti dis. provocou en min algo que non conseguira ningún outro.#blgtk08#

si, aí sego, con reflexión sobre se deixalo nalgúns momentos, pero é un vicio que sempre me acaba convencendo. quen te dará esas informacións...
Comentario por diana (01-10-2008 20:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática