acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Literatura, sociedade, nación
Foto de xornal.comCoa intención de provocar o debate, abrín a mesa que me correspondía coordinar ("Literatura, sociedade, nación")no III Encontro de escritores novos, "Entre dous séculos" coas seguintes palabras:

Que foi primeiro? A literatura galega ou a construción da nación?
Podemos falar de que a obra literaria de Rosalía Castro, Manuel Curros ou Xoán M. Pintos se produce á marxe do seu contexto cultural e temporal, ou ben é un produto consciente dun compromiso efectivo coa realidade en que viven?

No ano 1863, Rosalía pide indulxencia para os seus versos mentres declara abertamente que a súa obra ten por obxecto dignificar Galiza e o seu pobo. Desde entón, cantas obras non podemos citar que obedecen a este mesmo obxectivo? Pensemos en De castro a catro, en Manuel Antonio, nesa negada viaxe alegórica coa que o autor describe o estado do país.

As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas do reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
dos navíos que fondean
a sotavento dunha singladura

Falamos de literatura, sociedade, nación. Falamos de se a escrita actual segue sendo produto do seu contexto, un contexto que podemos definir como de anormalidade cultural, un contexto en construción desde a perspectiva feminina, un contexto en que a globalización, é dicir, o novo imperialismo, penetra até os lugares mellor defendidos.

Si, é o vello debate de se é posíbel a arte pola arte, se a autora debe demostrar o compromiso coa sociedade á que pertence, ou se pode ignorar as súas latitudes para instalarse nun mundo propio, tal vez se ese mesmo afastamento da realidade é unha posición en si mesma e, por tanto, produto do seu contexto social.


Na mesa estaban Carlos Negro e María Reimóndez, tamén Rafa Villar, en espírito a través do seu relatorio, xa que a esa mesma hora tiña que asistir en Ourense á entrega do premio Cidade de Ourense. Os tres tiñan participado (como moitos outros autores e autoras) nas publicacións colectivas que xurdiron despois do Prestige, en 2003, o ano en que en Galiza deu inicio o século XXI.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-09-2008 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 ..."instalarse nun mundo propio, tal vez se ese mesmo afastamento da realidade é unha posición en si mesma"...
Por suposto que o é... penso que non hai nada tan subversivo e creador como a independencia crítica e estética, i é que, fronte o individualismo insolidario e antropófago do que se alimenta o sistema capitalista, cabe o pens#blgtk08#amento autónomo, activista na súa propia autonomía, e aínda que afastado da colectividade, non por elo menos humanista.
En calquera caso, penso que hai sempre certas referencias e influencias contextuais que son ineludibles, a diferencia é que estas caben ser un punto de apoio e non só un fin en si mesmas ou a materia mesma da obra.
Comentario por ekis1331 (30-09-2008 11:51)
2 Concordo. E era o meu punto de vista, o contexto está sempre aí, e, queiurámolo ou non, dialogamos con el. A riqueza da l#blgtk08#iteratura é que nela caben todas as posicións... por iso é para min a mellor ferramenta para coñecer e entender o mundo.
Comentario por Acuática (30-09-2008 14:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática