acuática



Xanela de Marta Dacosta
acuatica07@gmail.com
 CONTIDOS
 OBRA
 ANTERIORES
 Arquivo
 BUSCADOR
 outras xanelas

Poesía terapéutica
fotografía de Marta Dacosta
Principio activo: poesía.

Presentación: Nadja c'est moi, Xosé Luís Mosquera Camba.

Laboratorio: Premio de poesía Concello de Carral. Espiral Maior.

Posoloxía:

Tamén teño por veces días tontos
Nos que me meto dentro da trincheira
Para non ter despois que arrepentirme
Dunha feroz debilidade

......................................

Os luns nacen as semanas para botarse á rúa
...
Cando me dou conta todo é martes ou mércores ou centro de saúde.

Interaccións e efectos secundarios: non están descritos.

Poñer á man (e sobre todo á vista) de adultos e nenos.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-09-2008 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Tod@s temos días tontos Ac.
A trincheira en todo caso non é unha protección, senón que é o territorio máis a vangarda antes do enimigo, alí é onde cabe menos agachar as debilidades.

Diante do en#blgtk08#imigo, dentes, DEEENTEEES que é o que lle fode, iso é fortaleza, anque sexa unha pose, nunha deixar á vista a fenda da armadura por onde pode entrar a p8unta da frecha.

Ánimo e adiante, sempre adiante!.
Comentario por Hermaco (17-09-2008 19:15)
2 Grazas.
Por veces non podo evitar sentirme vencida polo esforzo de impedir as fendas na #blgtk08#armadura.
Mais seguirei aí, porque non podo evitalo e porque teño mans en que apoiarme.
Comentario por Acuática (17-09-2008 21:03)
3 as fendas da armadura son perigosas pero tamén permiten que o sol se pr#blgtk08#oxecte sobre o noso corpo coma nun atardecer, enchéndoo todo de beleza.
Comentario por manel vazquez (18-09-2008 02:33)
4 mándoche moitos bicos agardando que nos vexamos pronto. Eu taméne stou a ler ese mesmo #blgtk08#poemario neste momento.

un bico moi grande dende godot para ti e os teus
Comentario por osondaxordeira (18-09-2008 12:06)
5 Un atardecer coma o de hoxe, intensamente vermello?

Vémonos nunha semana #blgtk08#osondaxordeira, temos moito que concluír.

Desde aquí vanche bicos tamén.
Comentario por Acuática (18-09-2008 21:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Acuática